Showing 962 results

Archival description
Arxentina
Print preview View:

62 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Social Betanzos : Fiestas de San Roque

Este boletín foi editado con carácter anual para conmemorar a festividade do patrón de Betanzos, San Roque, e para informar das diversas actividades organizadas pola entidade para celebrar estas festas tan senlleiras desta vila galega.

Números conservados en papel:

1935
1936

Centro Betanzos

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

  • Estatutos (1981)
  • 4 folletos sobre a Festa dos Dolores (1988-1991)
  • 1 folleto sobre a Festa dos coristas (1981)
  • 1 convite á festa de fin de ano 1982
  • Boletín "Vedra Hoxe"
  • Memoria e balance dos exercicios 1980-1981, 1910-1990, 1992 e 2010

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

El Agrario: Órgano oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Este periódico agrario xurdiu en Bos Aires no ano 1917 como resposta ao peche do xornal agrarista e anticaciquil «El Despertar», editado en Salceda de Caselas baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento denomínase «La Voz del Centro», pasando a chamarse «El Agrario» posteriormente, máis acorde coa súa finalidade, pois pese a ser o órgano oficial da entidade e ofrecer ampla información sobre a mesma (actividades, noticias sociais, asembleas, etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas.

O AEG conserva o número extraordinario 85 editado en Bos Aires con motivo da celebración do 5º aniversario da saída do xornal, en formato papel e dixital.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Libro de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios de 1949 ata 1961, conservados en formato microfilme. O libro de 1952 a 1960 se conserva tamén en formato dixital (200 páxinas)

Centro Gallego de Avellaneda

Centro Gallego de Buenos Aires

Fondos formato papel:

  • Libro de Acta de constitución da entidade (1907)
  • Libro de rexistro xeral de socios (1907) (fotocopias)
  • Boletín oficial. Centro Gallego de Buenos Aires (1921)
  • Galicia : Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1926-2012) (algúns números facsimilares ou dixitalizados)
  • Catálogo da exposición "Libros y autores gallegos" (1948) (fotocopias)
  • Regulamento interno para os concursos literario-musicais (1958) (fotocopias)
  • Regulamento interno para os concursos literario-musicais para o trienio 1961-1963 (fotocopias)
  • Folleto co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" (1965)
  • Ponencia no congreso Emigración Gallega (1974)
  • Publicación "Día de Galicia" (1978)
  • Estatutos (1982)
  • Folleto Centro Gallego Institución Mutualista sin fines de lucro (1985)
  • Folleto da "Primera Semana de Galicia en Luján" (1987)
  • Unión Gallega. Revista da Agrupación "Unión Gallega" (1988)
  • Anales Científicos : de la Asociación Médica del Centro Gallego de Buenos Aires (1989)
  • Carta e enquisas do AEG ao IACG sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo (1996)
  • Boletín Informativo (1997-1999)
  • Memoria de creación do IACG (fotocopias)
  • Folleto Fundación Galicia Salud (2004)
  • Folletos do Instituto Argentino de Cultura Gallega:
    • Programa de actividades do Homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento (1973)
    • Catálogo de publicacións (década 1970)
    • Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1987)
    • Programa de actividades do "Cursillo sobre historia de Galicia" (1987)
    • Recorte de prensa co anuncio do "Cursillo sobre historia de Galicia" (1987)
    • Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1988)
    • Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1990) (díptico)
    • Programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990 (folla voandeira)
    • "Programa General de Actividad Cultural" (1996)

Fondos en microfilme:

  • Libro de actas das Asembleas xerais de socios (1907-1987)
  • Libro de actas da Comisión Directiva (1907-1993)
  • Libros de rexistro xeral de socios (1907-1998)
  • Fotografías históricas (tamén orixinais)

Fondos en microficha:

  • Región Galaica : Órgano del Centro Gallego (un número fotocopiado)

Centro Gallego de Buenos Aires

Alborada : Órgano de la Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión

Esta revista societaria foi creada como o órgano oficial da ABC del Partido Judicial de Corcubión en Bos Aires e como tal concede unha grande importancia ás noticias referidas á entidade editora (celebración de asembleas, actividades realizadas en Arxentina e Galicia, nómina de socios ingresados, noticias sociais, necrolóxicas, etc.) e da comarca de orixe. Compleméntase a publicación con artigos de temática variada (hispanoamericanismo, emigración, notas historicas e sociais da comarca, actualidade arxentina, etc.), colaboracións literarias, artigos divulgativos e pasatempos.

Números conservados en papel, en microficha e en microfilme:

1925: n. 1-5
1926: n. 6-17
1927: n. 18-29
1928: n. 30-41
1929: n. 42-53
1930: n. 54-59
1931: n. 60-68
1932: n. 69-73
1933: n. 74-78
1934: n. 79-83
1935: n. 84-88
1936: n. 89-93
1937: n. 94-98
1944: n. 123-125
1945: n. 126-129
1946: n. 130-133
1947: n. 134-137
1948: n. 138-140
1949: n. 141-144
1950: n. 145-148
1951: n. 149-152
1952: n. 153-155
1953: n. 156-158
1954: n. 159-161

Números conservados só en papel:

1957: n. 167 (fotocopias)
1961: n. 170 (fotocopias)
1964: n. 173 (fotocopias)
1990: 68º aniversario social
1991: 69º aniversario social
1993: n. 187
1997: 75º aniversario social (extra)
2002: n. 189 (80º aniversario social)
2008: n. 190 (decembro)
2009: n. 191 (decembro)
2010: n. 192 (decembro)
2011: n. 193 (decembro)
2013: n. 194 (outubro)
2016: n. 195 (agosto)
2019: n. 199

Números conservados en formato dixital:

1954: n. 161
1955: n. 162

A. B. C. del Partido Judicial de Corcubión

Asociación Hijos de Zas

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

  • Estatutos (1968)
  • Tarxeta postal (2004)
  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo"
  • 2 números da revista "Asociación Hijos de Zas"

Asociación Hijos de Zas

Tarxeta postal

1 tarxeta postal de felicitación de nadal asinada polo Presidente da entidade, Manuel Busto Moreira, e o Secretario, Ángel J. Pereira Espasandín.

Asociación Hijos de Zas

Unidos de Fonsagrada y Baleira

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva de 1939-1942 e 1939-1943

Unidos de Fonsagrada y Baleira

Results 581 to 600 of 962