Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)
Recorte de prensa de "Españoles en el mundo" sobre a "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" e o acto de entrega do diploma de mérito entregado a Ramón Dacal Moure, conservado en formato papel (fotocopias).
Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida cos seus asociados e con:
Libro de Actas das reunións da Sección de Orde da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso:
Libro con 36 actas dende o 11/03/1977 ata o 27/10/1982 (42 páxinas), que inclúe ó comezo do volume listaxe de membros e os artigos relativos a esta sección: dixitalizado incompleto
Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 30 de outubro de 1998, para remitirlle os Estatutos, a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, o emblema societario e un exemplar da revista Abrente, conservados en formato papel.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.