Showing 704 results

Archival description
Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

O Irmandiño : Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai

Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

Números conservados en formato dixital:

1ª época, 1934-1936
2ª época, 1958-1961

Números conservados en formato papel (fotocopias):

2ª época:
1958: n. 1
1959: n. 2

Irmandade galeguista d'o Uruguai

Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.

Número conservado en formato papel:

1977: n. 11

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Hospital Espanhol

Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, das instalacións do hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 26
1999: n. 32
2000 (publicación conmemorativa do 115º aniversario)
2005 (publicación conmemorativa do 120º aniversario)

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Espanhol sempre : Uma publicaçao da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 29

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Memorias sociais

Memoria anual editada por "Estadio Español de Las Condes".

Números conservados en formato papel:

2001
2002
2003
2004

Estadio Español de Las Condes

Boletín Informativo

Boletín Informativo editado pola "Asociación española de beneficencia de Costa Rica".

Números conservados en formato papel:

1996: n. 21-32
1997: n. 33-35, 44

Asociación española de beneficencia de Costa Rica

Correo de España : Semanario de la colonia española

Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76

Centro Español de Costa Rica

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Círculo Español : Boletín informativo

Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 32

Círculo Español de Nueva York

Results 61 to 80 of 704