Acta de fundación da sociedade (20/03/1909) Acta nº 3 (20/03/1909) Alzado coa fachada principal de escola Separata de X. M. Malheiro sobre as escolas da sociedade Programa do Gran Festival (16/05/1931) Xornal "Fomento de la Instrucción Gallega" Xornal "Lux"
Conservada en formato dixital:
Inventarios de bens e útiles de escola Libro de rexistro das obras pertencentes á biblioteca popular Listaxe de alumnos de escola
Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.
Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.
Correspondencia enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:
Convite aos socios a celebrar o aniversario societario (01/07/1952)
Carta enviada ao Alcalde Municipal de A Habana para solicitarlle un permiso para a festa polo 44º aniversario societario (19/04/1954)
Carta da Comisión Organizadora dos Actos Conmemorativos polo 80º aniversario societario en agradecemento ao seu Presidente ó longo de 30 anos, Ramón Fernández Rodríguez (20/03/1990)
Regulamento xeral (1917): dixitalizado incompleto Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude (1932) Memoria social dos anos 1921-1926 (1927)
Regulamento do Patronato Cultural de Paradela-Barbude de A Estrada (1932), encargado da administración e conservación do edificio e do funcionamento da escola, da que foi promotora a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada" (11 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)