Showing 5662 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Convite a nomeamento

Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Enquisas

Enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega pola Irmandade Galega na Suiza, conservadas en formato papel:

  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (21/12/1996)
  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo" e sobre (02/12/1998)

Irmandade Galega na Suiza

Tarxetas postais

Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:

  • Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
  • Tarxeta sen datar

Irmandade Galega na Suiza

Carteis de "Historia de Galicia"

Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:

  • Tamaño 300 x 214 mm
  • Tamaño 423 x 300 mm

Irmandade Galega na Suiza

Documentos das Xornadas Galegas

Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:

  • "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
  • Programa das IIª Xornadas de 1974

Irmandade Galega na Suiza

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Results 921 to 940 of 5662