Amosando 505 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

19 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro coas actas 45 a 123 das reunións das Xuntas Directivas e das Xuntas Xerais de Socios dende o 26/10/1928 ata o 12/11/1932 (299 páxinas)
  • Libro nº 2 con 67 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 30/09/1938 ata o 10/09/1963 (243 páxinas)

Juventud de Baleira y su Comarca

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro de socios nº 1 da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Baleira" de 1925 (29 páxinas)
  • Libro de rexistro de asociadas da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca" de 1929 (52 follas)
  • Libro de rexistro de asociados da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca" de 1929 (62 follas)

Juventud de Baleira y su Comarca

Memorias sociais

Memorias sociais da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción":

Conservadas en formato dixital e impreso:

  • Memoria social dende 1907 ata o 31/12/1909 publicada en 1910 (41 páxinas)
  • Memoria social dende o 01/01/1910 ata o 31/12/1915 publicada en 1916 (87 páxinas)
  • Memoria social do ano 1919 (44 páxinas)

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria social dende o 01/01/1916 ata o 31/12/1922 publicada en 1923 (96 páxinas)
  • Memoria dende 1907 ata 2007 publicada polo Padroado da sociedade (443 páxinas)

Conservadas en formato dixital:

  • Memoria social do ano 1920 (35 páxinas): só impresos os preliminares
  • Memoria social do ano 1927 (35 páxinas): fotocopiada parcialmente

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Informes de caixa

Informes de caixa da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservados en formato dixital e impreso:

  • 2 balances dos movementos de tesourería
  • 8 informes de contaduría (1927-1933)
  • 7 informes da Comisión de Glosa (1932-1936)
  • 14 informes da Secretaría (1926-1934)
  • 1 inventario de pertenzas (1934)
  • 1 acordo da Xunta Directiva (1936)

Progreso de Lanzós

Títulos e diplomas

Títulos conservados en formato dixital:

  • Título de socio benemérito outorgado polo "Centro Gallego de La Habana" (1941)
  • Titulo de Presidente de honra outorgado pola sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" (1944)
  • Titulo de Tesoreiro de honra outorgado pola "Sociedad Progreso de Lanzós" (1959)

Progreso de Lanzós

Fotografías

Fotografías da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da primeira Xunta Directiva (1913)
  • 3 fotografías da Escola de Lanzós (1921)
  • 5 fotografías da reunión da Xunta Xeral de Socios (1961)

Progreso de Lanzós

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 52 actas dende o 27/04/1923 ata o 20/12/1950 (90 páxinas)
  • Libro con 24 actas dende o 08/02/1951 ata o 19/12/1956 (47 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 47 actas dende o 01/10/1922 ata o 25/10/1950 (236 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:

  • Libro con 122 actas dende o 11/12/1953 ata o 06/01/1965 (134 páxinas)

La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica

Modelos

Modelos da sociedade de instrucción, cultural e benéfica "La Baña y su Comarca", conservados en formato papel:

  • Modelo de recibí
  • Modelo de convite á Xunta Xeral de Socios

La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica

Correspondencia mantida coa Delegación en Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e a súa Delegación en Mañón, A Coruña, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta que informa de movementos da Delegación (28/11/1923)
  • Carta que informa da Xunta Xeral Ordinaria (18/12/1923)
  • Carta que informa sobre as xestións do Plantel Escolar (19/12/1923)
  • Carta co balance do ano 1925 (10/01/1926)
  • Carta que informa da ubicación da escola (15/03/1926)
  • Carta que informa de asuntos escolares (15/04/1926)
  • Carta co balance trimestral e co informe da ubicación da escola (17/06/1926)
  • Carta que informa de asuntos escolares (20/09/1926)
  • Carta co balance do primeiro trimestre de 1927 (10/04/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (16/06/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (16/09/1927)
  • Carta que informa da construcción de escolas (23/01/1933)
  • Carta co balance e co informe do traslado de escolas (21/02/1933)
  • Carta que informa do traslado da escola da Casa do Polo (22/03/1933)
  • Carta que responde sobre a construcción e o traslado de escolas (09/04/1933)
  • Carta sobre a indemnización ao mestre da escola (14/04/1933)
  • Carta que informa sobre as escolas xestionadas pola sociedade (14/05/1933)
  • Carta que responde sobre a indemnización (20/05/1933)
  • Carta que informa sobre o mestre Bernardino Piquerías (24/06/1933)
  • Carta que informa sobre a Casa de Segade (27/06/1933)
  • Carta co balance do ano 1933 (10/12/1933)

La Unión Mañonesa

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro nº 1 con 107 actas dende o 23/01/1922 ata o 05/11/1930 (202 páxinas)
  • Libro nº 2 con 66 actas dende o 19/02/1931 ata o 14/11/1945 (99 páxinas)
  • Libro nº 4 con 202 actas dende o 01/06/1960 ata o 22/11/1977 (200 páxinas)
  • Libro nº 5 con 160 actas dende o 19/01/1978 ata o 26/01/1999 (200 páxinas)
  • Libro con 32 actas dende o 24/03/1999 ata o 23/12/2004 (46 páxinas): dixitalizado incompleto

Hijos del Ayuntamiento de Abadín

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada"

Correspondencia recibida pola sociedade "Roupar y Lousada":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • 1 carta enviada en 1958 polo Alcalde de Xermade, Celestino Pardo Vázquez.
  • Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. á sociedade sobre unhas xardineiras do seu Panteón (21/05/1959)
  • 3 cartas enviadas ó longo do ano 1959 polo mestre de Roupar, Benito López García, á Sociedade.
  • Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos de Roupar, Manuel Fernández Pardo, ao Director, Lázaro Seco Alonso (25/08/1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Listaxe de socios

Listaxe de socios da "Sociedad Hijos de Lestrove" (3 páxinas) conservada en PDF e en microfilme. Manuscrito datado o 19 de xuño de 1943 e asinado polo secretario social, Ramón Mourelle

Sociedad hijos de Lestrove

Libros de Actas das reunións das Comisións

Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas da sociedade "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" correspondentes aos anos 1936-1939, conservados en formato dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Residentes de Dodro" durante os anos 1940-1947, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Libro de contabilidade

Libro de contabilidade do "Círculo Villagarcía de Arosa" (1935-1944), conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Resultados 81 a 100 de 505