Amosando 570 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Publicacións periódicas
Previsualización da impresión Ver:

1 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Consello de Galiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libro de actas das reunións dos anos 1961-1969

Conservada en formato papel e dixital:

Libro de actas das reunións dos anos 1961-1962 e 1968

Conservada en formato dixital:

Cartas enviadas por Carlos Velo Cobelas

Conservada en formato papel:

Correspondencia entre o "Consello de Galiza" e diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954
Boletín "Consello de Galiza"
Informe "Pro Consello de Galiza"
Informe sobre o "movemento europeo"
Síntese informativa sobre a actividade desenvolvida polo Consello durante os anos 1960-1965

Conservada en formato papel, microfilme e dixital:

Libro de contabilidade dos anos 1945-1968

Consello de Galiza

Consello de Galiza : Boletín Oficial Informativo

Este boletín editado polo Consello de Galiza ten a finalidade de difundir as ideas defendidas por esta entidade política e expoñer os propósitos dos seus membros en materia de acción política, cultural e patriótica con referencia a Galicia. Inclúe ademais información sobre as actividades organizadas polo Consello de Galiza e as súas delegacións noutros países.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1963: agosto; setembro-outubro
  • 1965: febreiro
  • 1966: xaneiro
  • 1967: novembro

Consello de Galiza

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Fe Gallega : Órgano de la Acción Gallega de Cruzados de Santiago

Esta publicación foi editada para informar das actividades realizadas pola institución, principalmente as celebracións de carácter relixioso. Destacan os artigos políticos que manifestan unha orientación conservadora, de apoio á causa franquista. Inclúe colaboracións literarias.

Números conservados en microfilme:

1936: n. 1-2
1937: n. 3-13
1938: n. 14-15, 17-20 [i.e. 21]
1939: n. 22-30
1940: n. 31-35
1941: n. 36-37
1942: n. 39

Cruzados de Santiago Apóstol

Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia : Nonagésimo aniversario

Esta publicación foi publicada con motivo da conmemoración do 90º aniversario fundacional da entidade editora. Informan do devir histórico da sociedade ao longo destes anos, de todos os seus logros e tamén da actualidade social.

Número conservado en formato papel:

2000: 90º aniversario (1910-2000)

Asociación española de socorros mutuos de Comodoro Rivadavia

Boletín de la Federación de asociaciones españolas en la República Argentina

Boletín de la Federación de asociaciones españoles en la República Argentina
Este boletín societario foi editado pola Federación de Asociaciones españolas en la República Argentina para informar sobre as asociacións que integran dita federación, as súas actividades, etc.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1922: n. 2, 4-5
1923: n. 6

Federación de asociaciones españolas en la República Argentina

La Libertad : Revista Mensual : Órgano oficial de la Federación Agraria Residentes del distrito de la Estrada

Publicación societaria editada pola Federación Agraria de Residentes del Distrito de La Estrada en Buenos Aires, onde se informaba aos socios das diferentes actividades das sociedades de emigrantes naturais desta comarca residentes en Bos Aires.

Número en formato papel (fotocopia):

  • 1926: n. 58

Federación agraria residentes del distrito de la Estrada

El Republicano español

Este xornal dirixido por Indalecio Cuadrado defende desde as súas páxinas o ideario republicano, analizando a política e a realidade socioeconómica e cultural de España nese momento. Informa ademais sobre as sociedades españolas creadas na Arxentina.

Números conservados en microfilme:

1909: n. 79; 102; 104; 127
1910: n. 186; 239; 243; 245; 248-250; 252-255; 257-258; 264; 267; 276-277
1911: n. 303-304

Federación republicana española de América

Teo : Órgano oficial de la Federación de Residentes de Teo en Sud-América

Esta publicación comezou a editadarse en 1910 polas sociedades agrarias de emigrantes da comarca de Teo e Vedra. Informa da vida interna e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analizando a situación das diferentes parroquias, desde unha perspectiva agrarista, e denunciando as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas sociais como nacementos, vodas, viaxeiros, etc. dos persoeiros da comarca, e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse «El Eco de Teo» e xa nos anos 20 continúa chamándose «Unión de Teo y Vedra»

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1911: n. 16-20
1912: n. 21-32
1913: n. 33-44
1914: n. 45-56
1915: n. 57-60

Anos conservados en formato microficha:

1915-1918

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

El Eco de Teo : revista mensual

Na asemblea do 26 de decembro de 1915 prodúcese unha escisión na Federación de Residentes de Teo, froito da cal é a aparición desta revista o 10 de marzo de 1916. Aínda que os seus contidos non difiren moito da revista «Teo», obsérvase unha maior preocupación galeguista nesta publicación, sobre todo nos seus colaboradores. Como lema da revista figura na súa portada «Por Galicia. Por el trabajador de la tierra gallega», como unha clara manifestación ideolóxica. Ademais de artigos de defensa do agrarismo e dos intereses do distrito electoral de Padrón, hai tamén información sobre a marcha das sociedades de emigrantes da comarca de Santiago e doutras zonas de Galicia existentes en Bos Aires (son as seccións «Nuestras sociedades» e «Sociedades Regionales»). Outras seccións serían «Temas de siempre», «Reflexiones» de J. Buela, ou «Orientaciones» de Cándido Mogo entre outras.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1916: n. 1-10
1917: n. 11-22
1918: n. 23-34
1919: n. 35-46
1920: n. 47-58

Números conservados en formato microficha:

1916: n. 1-2
1917: n. 11
1918: n. 26

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Resultados 81 a 100 de 570