Amosando 5700 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

126 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Borrador de Estatutos

Borrador da reforma dos Estatutos da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" conservado en formato papel.

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Breogán : Boletín Informativo del Centro Gallego de Montreal

Esta publicación está editada polo Centro Gallego de Montreal como parte das súas actividades culturais. Informa aos socios sobre a organización de diversos actos e conta ademais con páxinas literarias, noticias varias, traballos sobre a situación dos emigrantes, humor e deportes, etc.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1972: n. 1

Centro Gallego de Montreal

Breogán : Revista del Centro Gallego de Avellaneda

Esta publicación do Centro Gallego de Avellaneda foi editada como órgano oficial da entidade onde se publicitaban as actividades sociais; tamén aparecen artigos sobre Galicia e colaboracións literarias, así como biografías de galegos destacados. Contén numerosas fotografías e publicidade.

Número conservado en formato papel (fotocopia) e dixital:

  • 1994: n. 334

Centro Gallego de Avellaneda

Buenas maneras : Sección Educativa de los niños del Centro Gallego de Marsella

Nesta publicación aparece a reprodución de contos destinados aos socios do Centro Galego de Marsella menores de 14 anos, para fomentar o hábito da lectura e a adquisición de pautas de conduta correctas.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 1-2

Centro Gallego de Marsella

Calendario

Calendario editado pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo do seu 10º aniversario, conservado en formato papel.

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Calendario

Calendario editado pola Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas en 2007, co emblema societario, conservado en formato papel.

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas

Calendario

Calendario editado pola Xuntanza Fillos de Ourense en 2005, co emblema societario, conservado en formato papel.

Asociación Civil Fillos de Ourense

Resultados 1101 a 1120 de 5700