Showing 938 results

Archival description
Arxentina
Print preview View:

36 results with digital objects Show results with digital objects

Centro Gallego de Azul

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Fax enviado a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior" (1994)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Díptico, convite e cartaz da actividade "Semana de Galicia : Hermanados" (1994)
Programa de actividades "Un momento musical..." (1997)
Díptico e cartaz co programa de actividades "Encuentro coral Tapalque '98" (1998)
Programa "Festejos del Día del Inmigrante"
Convite á Exposición de Mantóns de Manila (1995)
Cartaces co convite á asociarse á sociedade "Centro Gallego de Azul" e a participar no grupo de danzas galegas Rosalía de Castro

Centro Gallego de Azul

Os Carballos

Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.

Conservados en formato papel:

  • 1995: n. 1-2
  • 1996: n. 3-5
  • 1997: n. 6, 8
  • 1999: n. 9
  • 2000: n. 10

Centro Gallego de La Plata

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Centro Gallego de La Plata

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Estatutos da sociedade (1994)
2 cartas enviadas ao Consello da Cultura Galega nos anos 90
1 boletín societario

Centro Gallego de La Plata

Consello de Galiza : Boletín Oficial Informativo

Este boletín editado polo Consello de Galiza ten a finalidade de difundir as ideas defendidas por esta entidade política e expoñer os propósitos dos seus membros en materia de acción política, cultural e patriótica con referencia a Galicia. Inclúe ademais información sobre as actividades organizadas polo Consello de Galiza e as súas delegacións noutros países.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1963: agosto; setembro-outubro
  • 1965: febreiro
  • 1966: xaneiro
  • 1967: novembro

Consello de Galiza

Informe Pro Consello de Galiza

Informe elaborado por Xosé B. Abraira durante unha viaxe que realizou a Galiza, Río de Xaneiro, Madrid, A Habana e México (1950), conservado en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Informe sobre o "movemento europeo"

Informe elaborado por César Alvajar durante a súa estadía en París sobre o "movemento europeo" e a necesidade de que Galicia se integre nel, conservado en formato papel (orixinal e fotocopia).

Consello de Galiza

Libros de contabilidade

Libro de contabilidade do "Consello de Galiza" dos anos 1945-1968 (149 páxinas), conservado en formato papel (fotocopias), microfilme e dixital:

  • 1945: 31 xaneiro, 28 febreiro, 31 marzo, 30 abril, 1 maio, 12 xuño, 30 xuño, 3 xullo, 18 xullo, 26 xullo, 31 agosto, 30 setembro, 10 outubro, 28 novembro, 18 decembro, 21 decembro, 31 decembro
  • 1946: 1 xaneiro, 2 xaneiro, 4 xaneiro, 16 xaneiro, 19 xaneiro, 11 febreiro, 16 febrerio, 18 febreiro, 23 febreiro, 28 febreiro, 9 marzo, 30 marzo, 20 abril, 26 abril, 10 maio, 8 xuño, 12 xuño, 30 xuño, 31 xullo, 23 agosto, 7 novembro, 29 novembro, 5 decembro, 23 decembro, 24 decembro, 31 decembro
  • 1947: 20 marzo, 24 marzo, 24 maio, 5 xuño, 31 xullo, 11 outubro
  • 1948: 13 xaneiro, 23 febreiro, 12 marzo, 27 xullo, 24 agosto, outubro (sen data), 24 novembro, 21 decembro
  • 1949: 15 novembro, decembro (sen data)
  • De 1950 a 1968: táboa de cada ano

Consello de Galiza

Cartas enviadas por Carlos Velo Cobelas

Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:

  • Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
  • Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)
  • Antón Alonso Ríos, Secretario Xeral (14/10/1968)

Consello de Galiza

Correspondencia recibida

Correspondencia enviada ao "Consello de Galiza" en Bos Aires por diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada polo "Consello de Galiza" en Bos Aires a diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de actas das reunións do "Consello de Galiza" dos anos 1961-1969, conservado en formato microfilme:

  • 1961: n. 1, 1 de novembro; n. 2, 6 de decembro
  • 1962: n. 3, 12 de xaneiro; n. 4, 26 de xaneiro; n. 5, 22 de febreiro; n. 6, 6 de abril; n. 7, 26 de abril; n. 8, 24 de maio; n. 9, 28 de xuño; n. 10, 3 de agosto; n. 11, 9 de setembro; n. 12, 27 de setembro; n. 13, 25 de outubro; n. 14, 30 de novembro; n. 15, 27 de decembro
  • 1963: n. 16, 28 de febreiro; n. 17, 11 de marzo; n. 18, 25 de abril; n. 19, 24 de maio; n. 20, 12 de xullo; n. 21, 1 de agosto; n. 22, 5 de agosto; n. 23, 30 de agosto; n. 24, 29 de outubro; n. 25, 9 de decembro; n. 26, 27 de decembro
  • 1964: n. 27, 10 de xaneiro; n. 28, 20 de febreiro; n. 29, 13 de marzo; n. 30, 25 de abril; n. 31, 29 de maio; n. 32, 20 de xullo; n. 33, 25 de novembro; n. 34, 15 de decembro
  • 1965: n. 35, 28 de xaneiro; n. 36, 25 de febreiro; n. 37, 25 de marzo; n. 38, 6 de maio; n. 39, 10 de xuño; n. 40, 7 de xullo; n. 41, 9 de agosto; n. 42, 12 de agosto; n. 43, 30 de setembro; n. 44, 26 de outubro; n. 45, 18 de novembro
  • 1966: n. 46, 5 de marzo; n. 47, 11 de abril; n. 48, 24 de agosto; n. 49, 30 de setembro; n. 50, 18 de novembro; n. 51, 17 de decembro
  • 1967: n. 52, 4 de abril; n. 53, 19 de maio; n. 54, 22 de xuño; n. 55, 16 de agosto; n. 56, 30 de outubro
  • 1968: n. 57, 13 de marzo; n. 58, 28 de maio; n. 59, 19 de agosto; n. 60, 3 de setembro; n. 61, 9 de setembro
  • 1969 (sen numerar): 3 de febreiro; 7 e 24 de marzo.

A parte correspondente aos anos 1961-1962 e 1968, se conserva tamén en formato papel (fotocopias) e dixital:

  • Como introducción un informe no que desenvolven o ideario e as actividades do Consello
  • 1961: n. 1, 1 de novembro; n. 2, 6 de decembro
  • 1962: n. 3, 12 de xaneiro; n. 4, 26 de xaneiro; n. 5, 22 de febreiro; n. 6, 6 de abril
  • 1968: n. 61, 9 de setembro

Consello de Galiza

Consello de Galiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libro de actas das reunións dos anos 1961-1969

Conservada en formato papel e dixital:

Libro de actas das reunións dos anos 1961-1962 e 1968

Conservada en formato dixital:

Cartas enviadas por Carlos Velo Cobelas

Conservada en formato papel:

Correspondencia entre o "Consello de Galiza" e diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954
Boletín "Consello de Galiza"
Informe "Pro Consello de Galiza"
Informe sobre o "movemento europeo"
Síntese informativa sobre a actividade desenvolvida polo Consello durante os anos 1960-1965

Conservada en formato papel, microfilme e dixital:

Libro de contabilidade dos anos 1945-1968

Consello de Galiza

Fomento de la Instrucción Gallega : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1909: n. 2-5
  • 1910: n. 6-17
  • 1911: n. 18-21

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Lux : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

-1913: n. 1

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Programa "Gran Festival"

Programa coas letras das cancións a interpretar no Gran Festival do día 16/05/1931, organizado pola "Sociedad pro-escuelas en Bandeira" (1 páxina)

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Results 101 to 120 of 938