Amosando 296 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Folletos
Previsualización da impresión Ver:

Estatutos da Casa de Galicia en León

Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).

Casa de Galicia en León

Documentación sobre as xuntanzas de coros galegos de Cataluña

Documentación relativa á "Xuntanza de coros galegos de Catalunya", conservada en formato papel:

Folletos co programa:

  • Tríptico da 1ª xuntanza: 19/04/1997
  • Tríptico da 2ª xuntanza: 13/06/1998
  • Tríptico da IIIª xuntanza: 17/04/1999
  • Tríptico da IVª xuntanza: 27/05/2000
  • Folla voandeira da 5ª xuntanza: 16/06/2001
  • Tríptico da VIª xuntanza: 25/05/2002
  • Tríptico da VIIª xuntanza: 17/05/2003
  • Tríptico da VIIIª xuntanza: 05/06/2004

Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Homaxe a Castelao

Homaxes a Castelao publicadas polo Grupo Galego de Aarau, no 25º aniversario da súa morte (1975) e no centenario do seu nacemento (1986), conservadas en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Estatuto de Galiza

Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado polo Grupo Galego de Aarau, conservado en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Folleto "Betanzos honra a sus mártires"

Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.

Centro Betanzos

Folletos sobre a Escola de lingua e danza española

Tríptico sobre a aprendizaxe de español e danza no Centro "Caballeros de Santiago", conservado en formato papel:

  • Tríptico "Si no habla baila!"
  • Tríptico "Noite Espanhola"
  • Díptico "Aqui, quem nao aprende espanhol, dança"
  • Folla voandeira "La fuerza del español en el mundo"

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Guía cultural

Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.

Casa de Galicia en Córdoba

Programa da comedia "Anacleto se divorcia"

Programa da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.

Irmandade A Nosa Galiza

Folleto do 3º aniversario

Folleto editado en xullo de 1936 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 3º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Folleto do IV Festival Mundial de Danses Folklóriques

Folleto co programa de actividades organizadas polo "Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma" con motivo do IV Festival mundial de danzas folklóricas levado a cabo os días 2 a 6 de abril de 1991 (32 páxinas), conservado en formato papel.

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Documentos sobre o certame de poesía en lingua galega

Documentos sobre o certame de poesía en lingua galega celebrado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • Díptico de 1998 (214 x 101 mm)
  • Políptico de 2004 (214 x 76 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Resultados 101 a 120 de 296