Amosando 1644 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa
Previsualización da impresión Ver:

58 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Galiza hoxe

Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1986: xaneiro (n. especial)

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":

Conservados en formato dixital e impreso:

Libro número 8 dixitalizado casi completo (faltan as páxinas 37 e 38). Impresas as actas relativas ao ano 1913. En total son 398 páxinas, dende 07/04/1913 ata o 28/10/1919.

Conservados en formato dixital:

Libro número 9 (400 páxinas) dende 17/11/1919 ata o 26/11/1927.
Libro número 10 (348 páxinas) dende 31/12/1927 ata o 31/03/1932.
Libro número 11 (400 páxinas) dende 08/04/1932 ata o 12/11/1936.
Libro número 12 (395 páxinas) dende 27/11/1936 ata o 16/02/1942.
Libro número 13 (400 páxinas) dende 27/02/1942 ata o 28/10/1946.
Libro número 14 (500 páxinas) dende 28/11/1946 ata o 23/09/1954.
Libro número 15 (500 páxinas) dende 23/09/1954 ata o 22/05/1963.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Publicacións que forman parte da biblioteca da sociedade

Publicacións que forman parte da biblioteca da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservadas en formato dixital e impreso:

  • Portada de "Grafía Galega" de Fuco G. Gómez, publicado na Habana en 1927.
  • Portada de "Covadonga : Epopeya en XV gestas" de José Rubinos, publicado na Habana en 1950.
  • Portada de "Galicia" de Juan Rivero, publicado na Habana en 1905.
  • "Cantigas d'a miña terra : álbum de melodías gallegas" de Jose Barreiro (14 páxinas), publicado na Habana en 1942. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Inclúe partituras musicais de pezas tradicionais galegas.

Conservadas en formato dixital:

  • "A Terra : revista mensual órgano del Centro Gallego", publicada en Córdoba (Arxentina) (34 páxinas)
  • Novela "Como son os do Glorioso" de Xesús Fernández e González. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Na revista "Lar", ano 2, n. 7 (23/05/1925) (27 páxinas)
  • Número extraordinario de "Vida Gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia", ano 2, n. 12-14 (25/07/1939) (9 páxinas)
  • Obra de teatro "Santa Misión", publicada na Habana en 1896.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Discursos

Folletos que recollen os discursos pronunciados en actividades organizadas por Sociedades españolas en Cuba:

  • "Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital e impreso.

  • Discursos recollidos na edición facsímil do folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana", conservados en formato papel.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Memorias presentadas pola Xunta Directiva

Memorias presentadas pola Xunta Directiva do "Centro Gallego de La Habana":

Conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Memoria presentada en febreiro de 1891
  • Memoria presentada en febreiro de 1892
  • Memoria presentada en febreiro de 1893
  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1894-1897"

Conservadas en formato papel (orixinais):

  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1889-1893"
  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1899-1903"

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Listaxe de socios fundadores

Listaxe da primeira candidatura da "Sociedad Estudiantil Concepción Arenal" para 1917-1918, conservada en formato dixital e impreso.

Sociedad Estudiantil Concepción Arenal

Regulamento

Regulamento da "Delegación General del M.I. Centro Gallego de La Habana en Santiago de Cuba" (47 páxinas) aprobado o 09/10/1927 publicado en Santiago de Cuba en 1937, conservado en formato dixital e impreso.

Centro Gallego de La Habana. Delegación en Santiago de Cuba

Regulamentos de Hijas de Galicia

Regulamentos de "Hijas de Galicia", conservados en formato dixital e impreso incompletos:

  • Regulamento do "Hogar-Albergue" aprobado o 30/03/1959
  • Regulamento da agrupación "Renovación de Hijas de Galicia" aprobado o 20/09/1946

Hijas de Galicia

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da sociedade "Ferrol y su comarca" o día 14/06/1909, conservada en formato dixital e impreso.

Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Ferrol y su comarca":

Conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro número 1 (187 páxinas) con 44 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 14/06/1909 ata o 23/03/1913
  • Libro (199 páxinas) con 68 actas das reunións das Xuntas Xerais dende o 27/04/1913 ata o 26/07/1930

Conservados en formato dixital:

  • Libro (198 páxinas) con actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 24/09/1930 ata o 14/02/1937
  • Libro (236 páxinas) con actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios e das Xuntas Directivas dende o 28/08/1944 ata 02/10/1958

Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda

Libros de Actas das reunións da Sección de Propaganda da sociedade "Ferrol y su comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro (137 páxinas) con 66 actas dende 01/02/1912 ata 15/05/1940
  • Libro de asuntos xerais (16 páxinas) con 10 actas dende 15/03/1920 ata 26/05/1920

Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Calo y Viduido", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro (407 páxinas) de 360 actas das reunións dende 10/11/1920 ata 30/06/1958
  • Libro (22 páxinas) de 20 actas das reunións dende 30/08/1958 ata 30/10/1960

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Regulamento

Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Recreo, Protección y Seguros mutuos Calo y Viduido" (10 páxinas) aprobado o 17/04/1926, conservado en formato dixital e impreso.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Contrato de arrendamento

Contrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Calo y Viduido" no Centro Gallego da Habana, conservado en formato dixital.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de 17 Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial" dende 17/02/1927 ata 26/09/1929 (25 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Resultados 101 a 120 de 1644