Showing 1654 results

Archival description
España Emigración galega
Print preview View:

79 results with digital objects Show results with digital objects

Boletim Informativo : Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este boletín societario está editado para informar aos seus socios das actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, e do directorio médico ao que poden acudir en caso de necesidade. Tamén aparecen noticias sobre a sociedade, coa composición da directiva e un editorial do presidente.

Números conservados en formato dixital:

1960: n. 1
1963: n. 5-6
1964: n. 7
1965: n. 9-10
1966: n. 11-14
1967: n. 15-18
1968: n. 19-22
1969: n. 23-24
1970: n. 27
1973: n. 38
1974: n. 41
1977: n. 54-55
1978: n. 57, 59-60
1979: n. 61-64
1980: n. 65-68
1981: n. 69-70

Números conservados en formato papel:

1961: n. 2
1962: n. 3-4
1972: n. 35
1978: n. 58
1982: n. 73, 76
1983: n. 77-78
1984: n. 81-82

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Centro recreativo Uniâo do Río Tea

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libros de actas
Documentos de oficina
Fotografías

Conservada en formato papel:

Modelo de proposta de socios
Modelo de ficha de inscrición
Modelo de convite

Centro recreativo Uniâo do Río Tea

Feitos

Publicación anual tal e como seu nome indica donde informan das diversas actividades da asociación e dos negocios dos galegos residentes en Cataluña.

Números conservados en formato papel:

2005
2006

Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña

Programas da festa galega

Programas da festa galega celebrada cada ano polo Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet con motivo das Letras Galegas, conservados en formato papel:

  • Folleto de 1991, no 8ª aniversario do Centro (tamaño A4)
  • Díptico de 2007, no 24º aniversario do Centro (215 x 150 mm)

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia

Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo.

Acta da reunión dos doantes da subscrición de 1899 realizada polos emigrantes naturais da Devesa na illa de Cuba, realizada o día 12 de xaneiro de 1912 na que se aproba a cesión do fondo a entidade da Habana do fondo da subscrición. A asociación homónima creada na Devesa xestionará, segundo as indicacións da entidade habaneira, a construción dun edificio social e de recreo para os e as veciñas da parroquia. Constan as sinaturas de gran parte dos contribuíntes dese legado económico.

Círculo Habanero de La Devesa

Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa (Ribadeo)

Acta da reunión celebrada na Habana entre representantes do «Círculo Habanero de los Naturales de La Devesa» e unha Comisión integrada por representantes dos doantes, retornados xa na parroquia de Devesa (Ribadeo) para recoñecer a existencia da sociedade de instrución e recreo acabada de fundar na capital cubana e tamén acórdase que esta se ocuparía da xestión dos cartos recadados para comezar os trámites da construción dun edificio na parroquia natal. Documento datado o día 3 de xaneiro de 1912.

Círculo Habanero de La Devesa

Legado Pedro Murias

Relación nominal dos delegados residentes en Galicia da Comisión nomeada polo Centro Gallego da Habana para a xestión do legado do indiano Pedro Murias. Conservado en papel e dixital.

Círculo Habanero de La Devesa

Convites

Convites:

  • 2 convites conminando á adhesión polo Día das Letras Galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense os días 17-30/09/1970 de artesanía e postais galegas
  • 1 convite a unha exposición na Galería Lucense entre o 21/04/1972 e o 04/05/1972 de affiches sobre motivos galegos realizados polo debuxante Manuel Cordeiro

Lume novo

Folleto

A Irmandade Galega de Bos Aires, nesta folla informativa, reflicte a súa opinión sobre o "II Congreso de la Emigración Española a Ultramar" que estaba próximo a celebrarse na Coruña, entre o 3 e o 12 de outubro de 1959

Irmandade galega de Buenos Aires

Banco de Galicia y Buenos Aires

Este fondo consta da seguinte documentación conservada en formato papel:

Publicidade do banco inserta na contracuberta da revista "Galicia", do Centro Galego de Bos Aires

Banco de Galicia y Buenos Aires

Results 1201 to 1220 of 1654