Showing 328 results

Archival description
América Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Unión Estradense : Instrucción-Fomento-Cooperación

Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1929: n. 11-[12], 14

Unión estradense

Noela : Revista de la Sociedad del Partido Judicial de Noya

Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1941 (abril)
  • 1942 (abril)
  • 1943 (abril)
  • 1944 (abril)
  • 1945 (abril)
  • 1946 (maio)
  • 1947 (maio)

Hijos del partido judicial de Noya

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Asociación Hijos de Zas

Publicación societaria editada con motivo da celebración dos diversos aniversarios fundacionais da asociación Hijos de Zas de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas na actualidade pola entidade.

Números conservados en papel:

1998: 75º aniversario
2003: 80º aniversario

Asociación Hijos de Zas

Arazúa : Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega

Esta publicación cultural de orientación galeguista, da que só saíron dous números, foi editada pola Asociación Protectora de la Cultura Gallega de Montevideo. Nela aparecen numerosos artigos sobre Galicia e a súa literatura, historia, arte, arqueoloxía, etc. e descricións das actividades realizadas a prol da mesma en Montevideo e noutros lugares como Cuba ou Galicia. Neste senso reivindicativo da identidade cultural galega, reproducen manifestos nacionalistas e diversas colaboracións de autores galegos e uruguaios. A orientación ideolóxica da revista pode observarse na sección «Farrapos», redactada por C. Sánchez Mosquera, na que realiza diversos comentarios sobre o galeguismo, o caciquismo, a actualidade, etc. Por último, informan das actuacións da propia asociación: campañas, correspondencia, manifestos, listado de afiliados, etc.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 1
1930: n. 2

Asociación protectora de la cultura gallega de Montevideo

Raza celta : Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo

Esta publicación cun marcado compoñente político, foi creada durante a II República española polo Comité Autonomista Gallego de Montevideo, para informar da actualidade da Península, adoptando unha postura conservadora e crítica coa liña do Partido Galeguista. Aparecen numerosos artigos de carácter cultural e de orientación nacionalista, que se complementan con informacións das actividades do propio comité e doutras sociedades no Río da Prata.

Números conservados en formato papel (facsímil):

1934: n. 1-11
1935: n. 12

Comité autonomista gallego de Montevideo

Galicia Nueva : Semanario Regional

Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial.
Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista.
Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.

Números conservados en formato dixital:

1918: n. 1-12
1919: n. 13

Casa de Galicia de Montevideo

El Boletín : Publicación Oficial de Casa de Galicia

Esta publicación edítase simultaneamente con «Ecos de Terra», coa finalidade específica de informar aos socios das actividades sociais da Casa de Galicia, principalmente dos servizos médicos da mesma, convenios de asistencia, obras nos policlínicos, departamentos médicos, visitas. Tamén aparecen algunhas noticias sobre o labor doutras seccións da entidade, como a biblioteca, o Instituto Curros Enríquez, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 1-6
1996: n. 7-9
1997: n. 10

Casa de Galicia de Montevideo

Federación de instituciones españolas en el Uruguay : Memoria de actividades

Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.

Números conservados en formato papel:

[1991]
2011
2016

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Memoria do ano 1917-1918

Edición facsimilar da memoria do ano 1917-1918 da sociedade "Casa de España en Santo Domingo" publicada pola Fundación García Arévalo, Inc. en 1987, no momento de cumplirse o seu 70º aniversario. Inclúe o traballo de Manuel A. García Arévalo "La inmigración española y la fundación de la Casa de España en Santo Domingo".

Casa de España en Santo Domingo

Memoria do ano 1996

"Asociación Española de Beneficencia : 1996 : Memoria correspondiente a las labores y al estado económico de la Asociación durante el periodo pasado presentado por la Junta Directiva a la Asamblea General Ordinaria", conservada en formato papel.

Asociación española de beneficencia de Costa Rica

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Revista oficial del Círculo español de Puebla

Esta publicación societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das diversas actividades sociais, así como noticias sobre os seus integrantes máis destacados. Conta con seccións fixas como «Concurso literario», «Personajes importantes» (biografías de emigrantes españois que triunfaron en México), «Noticias de interés» (sobre a actualidade cultural), «Entretenimientos» ou «Deporte». Aparecen tamén artigos sobre cidades mexicanas, a súa cultura, etc.

Número conservado en formato papel:

1994: n. 2

Círculo Español de Puebla

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Plus Ultra : Órgano oficial de la Sociedad Española de Socorros Mutuos La Nacional

Esta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.

Números conservados en formato papel:

1965: n. 1
1968: n. especial polo centenario social

Sociedad española de socorros mutuos La Nacional

Results 121 to 140 of 328