Showing 439 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subseries Centros Galegos
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

O Xistral

Esta publicación societaria foi creada como voceiro oficial do Centro Galego para dar información relativa á dita entidade: balances económicos, reunións e cambios nas directivas, actividades (entre as que destacan a Semana das Letras Galegas e o Día de Euskadi), etc. Inclúe ademais numerosos artigos sobre diferentes eidos da cultura galega: lingua e literatura («Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego»), historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e pobos de Galicia, rutas turísticas, etc. Complétase con noticias da actualidade, colaboracións literarias e seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas, sanitarias, páxinas de humor e pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 0-2
1988: n. 3-6
1989: n. 7-9
1990: n. 10-13
1991: n. 14-17
1992: n. 18-21
1993: n. 22-25
1994: n. 26-29
1995: n. 30-33
1997: n. 34
1998: n. 35
1999: n. 36
2000: n. 37
2001: n. 38
2002: n. 39
2003: n. 40
2004: n. 41
2006: n. 42
2009: n. 45
2010: n. 46
2013: n. 49

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Día de Galicia en Euskadi

Publicación societaria editada pola Irmandade de Centros Galegos de Euskadi e a Casa Cultural de Galicia en Elgoibar na que se informa sobre as diversas actividades da entidade centradas na celebración do Día das Letras Galegas, con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en formato papel:

2003

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Boletín Casa de Galicia

Esta publicación de carácter político foi editada pola Casa de Galicia de París, coa pretensión de difundir as ideas nacionalistas, centrándose en moitas ocasións no problema da lingua galega. Complétase con novas de carácter artístico e literario e información deportiva.

Números conservados en formato papel:

[1977] (orixinal)
[1978] (fotocopias)

Casa de Galicia de París

Voceiro da S.G. Sementeira

Este boletín societario foi editado como voceiro oficial para informar aos seus socios das actividades e vida societaria. Conta ademais con variedade de artigos sobre Galicia.

Número conservado en formato papel:

1990: n. 14

Sociedad Gallega Sementeira

Arianrhod : Revista del Centro Gallego de Madrid

Esta revista foi creada en 2001 polo Centro Gallego de Madrid coa finalidade de «invitar a socios y no socios, gallegos y no gallegos, y, en definitiva, a todas aquellas personas que tienen alguna relación con Galicia a que conozcan ésta más a fondo; que participen de sus costumbres, ritos y fiestas; que se entusiasmen con su música y folklore y sobre todo, que participen activamente de todo ello a través de nuestra revista».

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2

Centro Gallego de Madrid

Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Esta publicación societaria no momento da súa creación como voceiro do Centro Gallego de Barcelona, pretendía ser «el portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Nas súas páxinas podemos atopar información da acción cultural realizada polo centro na sección «Labor cultural», numerosos artigos de contido variado sobre Galicia con páxinas dedicadas á literatura (contos, poesía, estudios sobre escritores), á cultura popular galega, opinións e vivencias persoais, lembranzas, artigos sobre personalidades galegas, cuestións referentes á lingua galega, etc. Complétase con algún artigo sobre Cataluña e a súa literatura.

Números conservados en formato papel:

2ª época
1953: xaneiro
1955: [xullo]
1956: inverno
4ª época
1974: febreiro, xuño
5ª época
[1987]: n. 3
1989: xuño/xullo
6ª época
1995: xullo
1996: setembro
1997: decembro
1998: xuño
1999: maio
2001: decembro
2002: decembro
2003: decembro
2004: decembro
2005: decembro
2007: abril
2012: xullo
2013: agosto

Centro Gallego de Barcelona

La Vida Gallega en Cuba : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Esta publicación societaria comezou a editarse en xullo de 1949 e rematou o 1 de abril de 1960. Foi unha publicación de tirada moi irregular con varios directores como Antonio do Campo de la Fuente, Ramón López Prado, Francisco Carballas Feijoo e Julio Vila Rodríguez. Foi publicada simultaneamente á «Vida Gallega» desde 1949 ata 1954, ano no que deixa de editarse esta última. Recolle información sobre temas e actividades da entidade promotora e sobre Galicia (cultura, lingua, historia, etc.) e cómpre sinalar a inclusión na mesma da memoria anual da sociedade, na que aparecen os balances financeiros, listados nominais das contribucións, informes sobre o labor social, as comisións, a distribución de axudas ou auxilios, acordos das xuntanzas xerais e directivas, composición da directiva, dos comités, cadro estatístico sobre a natureza dos socios (desagregados a nivel provincial, etc.). Na comisión do Panteón, dentro da memoria social, inclúe un listado nominal das persoas inhumadas no Panteón, ofrecendo o nome, idade, data de inhumación e a súa procedencia (cando son galegos identifican concello e provincia).
Entre os seus colaboradores podemos citar a José Rubinos, Prudencio Landín, Ramón Fernández Mato, José M. Valencia, Manuel González, Eduardo Núñez Martínez, Ramón Fernández Pousa, José Almoina Torres, Wenceslao Fernández Flórez, Enrique Chao Espina, Eladio Vázquez Ferro, Emilia Pardo Bazán, Asieumedre, José Luis Bugallal, Sousa Costa, Guerra Junqueiro, Alfonso Vázquez Martínez, Julio Dantas, Antonio do Campo ou Juan Naya Pérez.

Números conservados en formato papel:

1949: n. 1
1950: n. 3
1952: n. 5
1953: n. 6
1958: n. 14/15
1959: n. 16/17
1960: n. 18

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

A Nosa Galiza

Esta publicación é continuadora do boletín «Semente». A revista pretende «informar ós socios e a tódala xente encol das actividades e actualidade da Sociedade. O xornal ten que ter traballos e estudios encol da afirmación xeral da lingua galega e dos enxebres valores culturais i einicos da nación galega, eisi como toda cras de artigos encol dos problemas aituás de Galicia».
A maioría dos artigos informan sobre os distintos aspectos da entidade: balances económicos, actividades das xuntas directivas, estatutos, etc., contendo ademais traballos e estudios sobre os valores culturais de Galicia como literatura, contos, poesía, biografías de escritores, notas de libros; e artigos sobre economía, xeografía e emigración galega, etc. Inclúe tamén páxinas dedicadas a temas de contido máis xeral como deportes, informacións xurídicas, etc.

Números conservados en formato papel:

1972: n. 3-4
1973: n. 5
1974: xaneiro/febreiro
2ª época:
1979: marzo, maio/xullo, setembro/novembro

Sociedade "A Nosa Galiza"

Memoria e contas xerais

Memoria e contas xerais da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" relativa aos anos 1904-1915 e publicada en 1916.

Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires

Lalín : Revista del Centro Lalín en Buenos Aires

Esta revista societaria foi editada polo Centro Lalín para informar sobre as diferentes actividades da entidade tras a fusión das diversas sociedades de emigrantes naturais da comarca do Deza e residentes en Bos Aires. O primeiro número está centrado na visita dos alcaldes dezanos a Arxentina e os diversos encontros coa colectividade emigrada, e con políticos arxentinos como o presidente Raúl Alfonsín, de raíces galegas e lalinenses. Contén noticias sobre os concellos de Lalín, Silleda e A Golada, ademais da realidade social, cultural e política galega. Esta publicación vai continúar editándose baixo outra denominación.

Números conservados en papel:

  • 1984: [n. 1]

Centro Lalín de Buenos Aires

As 4 Aldeas : Revista oficial de la sociedad Hijos de Ois de ayuda mutua

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1923: n. 1 (fotocopia)
  • 2002: n. 21
  • 2004: n. 29
  • 2006: n. 38
  • 2014: n. 62

Números conservados en formato dixital:

1999-2007: n. 1-40

Hijos de Ois de ayuda mutua

Loita : Movimento Galego de Liberdade Nacional

Esta publicación de carácter político, xa desde o seu primeiro número, amosa o seu ideario, cun manifesto ao pobo no que se reclama o recoñecemento de Galicia como nación, defendendo o labor político nacionalista, sobre todo o realizado alén mar, describindo as actividades realizadas en Bos Aires en pro destas ideas. Igualmente aparecen artigos sobre Galicia, criticando a súa situación política e económica.

Números conservados en papel:

Fotocopia:

1959: n. 1

Orixinal:

1959: n. 2

Hijos de Ois de ayuda mutua

Revista mensual de la Asociación de Socorros Mutuos de Buenos Aires

Esta revista societaria foi creada para informar da vida da colectividade española na capital arxentina (páxina social: matrimonios, nacementos, defuncións, festas, etc.) e da vida societaria da entidade (actividades realizadas, movemento de socios, autoridades sociais, servizos médicos que ofrecen, balances económicos, etc.). Contan tamén con información sobre a política e lexislación migratoria española e arxentina, noticias culturais, textos literarios, biografías de persoeiros, etc.

Números conservados en microfilme e dixital:

  • 1926: n. 169, 171, 175-176
  • 1928: n. 191

Asociación española de socorros mutuos de Buenos Aires

Compostela : Órgano oficial del Centro Santiago de Compostela, mutual y cultural

Esta revista societaria foi creada para informar aos socios sobre a vida interna da institución (nas seccións «Sociales» e «Nuestras fiestas»). Tamén inclúe artigos de carácter cultural, destacando os referidos a Santiago de Compostela e a Galicia, así como referencias ao labor dos galegos na emigración («los gallegos en la vida argentina»).

Número conservado en microfilme:

  • 1953: n. 1 (xullo)

Centro Santiago de Compostela, mutual y cultural

Rianxo : Revista editada por la sociedad Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1943: n. 1

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Rianxo : Revista social

Esta revista societaria foi editada para informar sobre as actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade editora, sobre a súa organización (directiva, comisións e membros que as integran) e outros aspectos arredor da mesma. Complétase con artigos histórico-culturais e algunha composición poética.

Números conservados en formato papel (fotocopia):

1948: [s.n.]
1951: [s.n.]; n. 4

Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas)

Lugo : Órgano oficial del "Centro Lucense" de Buenos Aires

Esta publicación foi editada como voceiro do Centro Lucense para informar das actividades sociais e culturais realizadas por esta entidade e doutros asuntos do seu interese (datos das comisións directivas, ingresos de socios, memorias sociais, balances económicos, etc.). Tamén contén noticias da colectividade emigrada en xeral, da actualidade galega, principalmente lucense, e artigos que abordan diversos temas xeográficos, históricos e culturais da súa provincia de referencia.

Números conservados en microfilme:

1943: n. 1-8
1944: n. 9-20
1945: n. 21-31
1946: n. 32-43
1947: n. 44-54
1948: n. 55-66
1949: n. 67-78
1950: n. 79-90
1951: n. 91-102
1952: n. 103-114
1953: n. 115-126
1954: n. 127-138
1955: n. 139-150
1956: n. 151-162
1957: n. 163-174
1958: n. 175-186
1959: n. 187-198
1960: n. 199-210
1961: n. 211-221
1962: n. 222, 224-231, 233
1963: n. 234-245
1964: n. 246-257
1965: n. 258-269
1966: n. 270-281
1967: n. 282-293
1968: n. 294-300

Centro Lucense de Buenos Aires

Results 121 to 140 of 439