Showing 359 results

Archival description
Galicia Publicacións periódicas
Advanced search options
Print preview View:

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Estatutos (1887)

Conservada en formato dixital e impreso:

"Reglamento General" (1887)
"Reglamento de discusiones y acuerdos de la Asamblea de Apoderados" (1945)
Folleto "Como se alimentan los enfermos de la Casa de Salud La Benéfica del muy ilustre Centro Gallego de La Habana" (1930)
Folleto sobre o goberno do Centro Galego, elexido por Afirmación y Defensa (Candidatura nº 2)
Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba (1921)

Conservada en formato papel (orixinais):

Memoria do curso escolar 1954-1955 do Plantel Concepción Arenal
Álbum "Portfolio Galicia : La Benéfica, Casa de Salud del Centro Gallego de La Habana" (1904)
Folleto co programa de goberno da agrupación "Afirmación y Defensa"

Conservada en formato papel (edición facsimilar):

Regulamento da Sección de Instrucción aprobado en 1904
Regulamento da Sección de Bellas Artes aprobado en 1915
Regulamento da Sección de Cultura aprobado en 1915
Regulamento da Sección de Fomento aprobado en 1915
Regulamento da Sección de Inmigración aprobado en 1915
Anteproxecto de Regulamento do Centro Galego aprobado en 1933
Discursos recollidos no folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana"
"Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1889-1893" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística"
Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1899-1903"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Documento mecanografado "La atención médica integral a la tercera edad en las comunidades españolas" (1990)
Edición facsimilar da escritura de compra do edificio do Gran Teatro Tacón por parte do "Centro Gallego de La Habana" (1907)
Memoria presentada pola Xunta Directiva en febreiro de 1891
Memoria presentada pola Xunta Directiva en febreiro de 1892
Memoria presentada pola Xunta Directiva en febreiro de 1893
"Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1894-1897" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística"
"Boletín de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego de la Habana"

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Boletín de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego de la Habana

Este boletín informativo aparece por primeira vez no ano 1915 na Habana editado polo Centro Gallego. Nesta publicación recóllense as actas e debates da Asamblea de Apoderados, máximo órgano directivo do Centro Gallego.

Número conservado en formato papel (fotocopias) e en formato dixital:

1960: 7 de outubro

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Chispa : Revista Federal

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades da entidade editora e das sociedades que integran dita asociación, ante a colectividade española residente en Suíza tal e como destacan na súa editorial «CHISPA se ocupará de todo aquello que tiene algo que ver con nuestra vida de españoles emigrados; unas veces para presentar sus programas, inquietudes y posiciones propias, otras veces, para recoger todo aquello que viniendo de fuera, tiene relación con el mundo ATEES».

Números conservados en formato papel:

1983: n. 1
1995: novembro/decembro (fotocopias)

Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza

Carta e enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.

Documentación adxunta:

  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
  • Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
  • Emblema societario (fotocopias)
  • Carné de socio do Presidente (fotocopias)

Grupo Galego de Aarau

Sociedade "A Nosa Galiza"

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos (1973)
Listaxe de membros do Comité

Conservada en formato papel (orixinais):

Carta enviada polo Consello da Cultura Galega
2 cartas enviadas aos centros galegos na Suíza
Díptico co programa da "Semán Galega" de 1972
Díptico co programa das Letras Galegas de 1973
Folleto das actividades para o ano 2009
Convite a mesa redonda
Díptico do programa de radio "Galiza sempre"
Revista "Xornal d'a Nosa Galiza"
Revista "A Nosa Galiza"
"Revista de A Nosa Galiza"
Boletín "Semente : Boletín da Sociedade A Nosa Galiza - Xenebra"
Boletín "Festa de San Xoán"

Sociedade "A Nosa Galiza"

A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.

Números conservados en formato papel:

1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52

Centro Gallego de Bruselas

A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia

Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 2-3

Casa de Galicia de París

A lareira : voceiro da Casa de Galicia, Asociación Cultural

Esta publicación societaria comeza a editarse en 1985 coma un novo voceiro oficial da entidade editora, para informar aos seus socios das actividades do centro e de diversas cuestións do seu interese.

Números conservados en formato papel:

1985: n. 5
1986: n. 6-7
1987: n. 9-10
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1992: n. 15

Casa de Galicia de París

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Acta de fundación da sociedade (20/03/1909)
Acta nº 3 (20/03/1909)
Alzado coa fachada principal de escola
Separata de X. M. Malheiro sobre as escolas da sociedade
Programa do Gran Festival (16/05/1931)
Xornal "Fomento de la Instrucción Gallega"
Xornal "Lux"

Conservada en formato dixital:

Inventarios de bens e útiles de escola
Libro de rexistro das obras pertencentes á biblioteca popular
Listaxe de alumnos de escola

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos renovados o 10/06/1978
Carta con documentación adxunta enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 15/11/1996
Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 10/11/1998
Boletín
Boletín "Galicia en Mar del Plata"
Memoria e balance xeral correspondentes ao período de 01/07/1995 a 30/06/1996

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Sociedad Finisterre en América

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libro de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1937-1941

Conservada en formato microfilme:

Libro copiador da correspondencia da sociedade dos anos 1928-1929

Conservada en formato papel:

Revista "Finisterre en América"
Revista "Faro de Finisterre"

Sociedad Finisterre en América

Centro Gallego de Montreal

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (06/09/1974)
"Centro Gallego de Montreal : Revista deportiva"
Boletín "Breogán"

Centro Gallego de Montreal

Galicia en Chile : Órgano de la Agrupación Gallega de Valparaíso y portavoz de la Colonia Española en Chile

Esta publicación societaria contén información sobre as actividades da entidade editora e contén numerosos artigos de carácter cultural que tratan sobre a historia, arte, literatura e xeografía de Galicia, etc., nun intento de «coadyuvar a intensificar siempre más el intercambio y las relaciones cordiales existentes entre Chile y la Madre Patria y defender los intereses de sus hijos residentes». Inclúe ademais relatos literarios, poesías, notas bibliográficas, páxinas de humor e reportaxes gráficas.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1929: n. 2
1930: n. 6

Agrupación Gallega de Valparaíso

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Regulamento da sociedade "Casa Galicia de Unidad Gallega"
Regulamento da sociedade "Casa Galicia. Unidad Gallega de los EE. UU." (02/1971)
"Boletín informativo de Casa de Galicia"
Memoria "Casa de Galicia de Unidad Gallega"

Conservada en formato dixital:

Algúns números da memoria "Casa de Galicia de Unidad Gallega"

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Results 121 to 140 of 359