Folletos editados polo Centro Galego de Barcelona co programa de actividades con motivo das Festas en honor de Santiago Apóstol no Día da Patria Galega, conservados en formato papel:
Programa do III Festival benéfico de habaneras organizado pola "Asociación de Damas de Nuestra Señora del Carmen" para o día 14/10/1976, conservado en formato papel.
8 programas das xuntanzas de coros galegos de Cataluña (1997-2004) Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas Programa do concerto de clausura do curso 2001-2002 da "Universitat de Barcelona" 2 folletos co programa do "Cicle de música a la Universitat de Barcelona" Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005 Cartaz deseñado polo Coro Universitario Galego de Barcelona para buscar novas voces Libro polo decenario do debut do Coro Libro/CD Porgaleuzca Revista "Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals"
Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.
Libro (112 páxinas) publicado no 40 aniversario do Día das letras Galegas con ocasión do decenario do debut do CUGAB no Paraninfo da UB. Inclúe memoria e edición conmemorativa de partituras orixinais.
Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
Programa da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.
Programa da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.
Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.
Folletos que recollen os discursos pronunciados en actividades organizadas por Sociedades españolas en Cuba:
"Discurso pronunciado por Mario García Kohly, ministro de Cuba, en Madrid en el banquete que le fue ofrecido en el Teatro Nacional de la Habana por las Sociedades Regionales Españolas de Cuba : 23 de Mayo de 1921", conservado en formato dixital e impreso.
Discursos recollidos na edición facsímil do folleto: "Recuerdos de la velada literaria del 2 de mayo de 1885 en el Centro Gallego de La Habana", conservados en formato papel.
Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria