Folleto sobre as VII xornadas culturais Federación de Casas Regionales en la Comunidad Foral de Navarra, organizadas pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebradas en Pamplona os días 7 a 15 de outubro de 1995, conservado en formato papel (24 páxinas).
Federación española de casas regionales y provinciales
Programa de actividades do II Día de Hermandad de los Centros Regionales, celebrado o 26 de xuño de 1988 no Pabellón de la Marga, Santander, conservado en formato papel.
Folleto editado pola Casa de Galicia en Cantabria e o Centro Gallego de Santander co programa de conferencias do VI Ciclo Cultural celebrado en novembro de 2005, conservado en formato papel.
Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a María José Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 07 de novembro de 1996, para remitirlle unha memoria, 2 exemplares da revista Abrente, 4 fotografías, 1 emblema e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta, conservados en formato papel.
Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 30 de outubro de 1998, para remitirlle os Estatutos, a enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta, o emblema societario e un exemplar da revista Abrente, conservados en formato papel.
Folleto publicado pola Obra Cultural da Caja de Ahorros Popular de Valladolid para difundir a mostra de pintura das Casas rexionais en Valladolid, celebrada entre o 19 e o 29 de novembro de 1983, conservado en formato papel.
Conservada en formato papel (orixinais): Carta enviada por Avelino Lorenzo Vidal Enquisa "As sociedades galegas no mundo" Memoria de actividades (1998) Revista "O Camiño"
Publicación societaria que ten como finalidade dar a coñecer o que fai a colectividade galega residente en Burgos e as actividades que levan a cabo desde o centro galego desta cidade.
Estatutos da Casa de Galicia en León, redactados de conformidade co acordado na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 07 de outubro de 1988, conservados en formato papel (fotocopias).
Carta enviada pola Secretaria Xeral do "Centro Gallego de Mallorca", María del Carmen González, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 10/02/1992, para remitirlle as enquisas de "Entidades" e "Medios de comunicación" cubertas, conservadas en formato papel.
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" remitida ao Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega en marzo de 1997 polo "Centro Gallego de Mallorca", conservada en formato papel.