Amosando 1644 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega España
Previsualización da impresión Ver:

58 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Correspondencia electoral

Correspondencia electoral da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (31/01/1945)
  • Carta enviada ao Gobernador da Provincia de A Habana acerca dos resultados electorais (14/03/1947)
  • Carta enviada ao Cronista de Sociedades Españolas acerca dos resultados electorais (15/03/1947)

Hijos del Partido de Lalín

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservado en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1928 ata 1972 (25 follas)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Regulamento

Regulamento da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:

  • Regulamento xeral aprobado o 02/01/1917 (32 páxinas): dixitalizado incompleto

Hijos del Ayuntamiento de La Estrada

Libro de rexistro de socios

Libro de rexistro de socios da sociedade "Ayuntamiento de Silleda", conservado en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende 1922 ata 1956 (35 follas): dixitalizado incompleto

Hijos del Ayuntamiento de Silleda

Certificado do "Ministerio de Hacienda"

Certificado da "Dirección General de Rentas e Impuestos" do "Ministerio de Hacienda" de que a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Silleda, Sociedad de Beneficencia y Recreo" foi inspeccionada o día 26/07/1947 para comprobar o cumplimento da "Ley del Timbre", conservado en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Silleda

Fotografía

Fotografía da sociedade "Hijos de Silleda" no acto de entrega da bandeira social, conservada en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Silleda

Correspondencia mantida coa sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires

Correspondencia mantida entre a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana e a sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" de Bos Aires, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada dende a sociedade bonaerense para tratar relacións bilaterais (31/08/1964)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para tratar relacións bilaterais (08/02/1965)
  • Carta enviada dende a sociedade habanera para enviarlles unha fotografía da Xunta Directiva (20/08/1973)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 146 actas dende o 31/10/1922 ata o 09/09/1926 (290 páxinas)
  • Libro coas actas 166 a 273 dende o 03/05/1927 ata o 04/04/1930 (200 páxinas)
  • Libro con 59 actas dende o 05/01/1932 ata o 03/01/1934 (199 páxinas)

Agrupación artística gallega

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro coas actas 60 a 78 dende o 31/10/1944 ata o 27/05/1949 (71 páxinas)

Agrupación artística gallega

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital:

  • Libro de balances de tesourería nº 1 dende o 01/11/1919 ata o 31/10/1931 (41 follas)
  • Libro de caixa de funcións teatrais de 1925 e 1926 (25 páxinas), que inclúe balance e liquidación da Función Teatral celebrada no Teatro Imperio o día 06/10/1923: dixitalizado incompleto

Agrupación artística gallega

Emblemas societarios

Emblemas da sociedade "Agrupación artística gallega":

  • Emblema da sociedade "Agrupación artística gallega, Sociedad Artístico Cultural", conservado en formato dixital
  • Logo da sociedade (ca. 2004), conservado en br./n. e en cor en formato papel

Agrupación artística gallega

Cultura Hispánica

Publicación societaria, continuadora de Cultura Gallega, pero que sofre un cambio importante na súa liña editorial, pois abandona a orientación galeguista anterior e pretende "difundir el conocimiento de los valores espirituales de la gran familia hispánica en el mundo, propendiendo particularmente a la mayor identificación entre cubanos y españoles". A revista está centrada nos temas e actividades da Sociedade e, a pesar do cambio de orientación, continúa a tratar aspectos variados da cultura galega: actualidade, historia, literatura, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1958: 2ª época, n. 16 (fotocopias)
  • 1997: 3ª época, xullo/set. (orixinal)

Agrupación artística gallega

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:

  • Libro de actas dende o 05/07/1936 ata 12/1964: dixitalizadas 27 actas, ata o 19/03/1939 (43 páxinas)

La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica

Regulamento

Folleto publicado en 1935 e conservado en formato papel que inclúe:

  • Regulamento xeral de "La Unión Mañonesa" aprobado o 31/06/1912
  • Regulamento da Delegación de Mañón aprobado o 17/09/1916
  • Diposicións para a orde interior do colexio aprobadas o 27/09/1918

La Unión Mañonesa

Correspondencia mantida con outras sociedades de A Habana

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e outras sociedades de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada por José Costas, Secretario da sociedade "Luz de Riveras del Sor", con motivo dunha invitación (25/07/1926)
  • Carta enviada por Manuel Álvarez, Secretario Xeral da sociedade "Agrupación Artística Gallega", por un asunto económico (20/05/1933)

La Unión Mañonesa

Correspondencia mantida con motivo do Cemiterio de Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
  • Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
  • Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
  • Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
  • Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)

La Unión Mañonesa

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de actas do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas e das Asembleas de Socios dende o 22/09/1960 ata o 30/03/1993 (155 páxinas)

Conservado en formato papel (fotocopias):

  • Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios dende o 24/03/1994 ata o 17/03/1996 (24 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Resultados 1561 a 1580 de 1644