Amosando 5665 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

82 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro de baixas de socios (01/1889-12/1935): 306 páxinas
  • Planilla de socios cos recibos de primer ingreso (04-05/1932): 11 páxinas
  • Libro de rexistro de socios "Cuaderno para la inscripción de socios" (01/1920-09/1935): 134 páxinas
  • Libro de rexistro de socios (1936-1965): 278 páxinas
  • Libro de rexistro xeral de socios (1930-1964): 396 páxinas

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Fichas de socios

Fichas de altas e baixas de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservadas en formato dixital:

  • Fichas de baixas: 9.026 fotogramas das fichas relativas ás baixas de socios da entidade dende a súa fundación, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á Z.
  • Fichas de altas: 245 fotogramas das fichas relativas ás altas de socios da entidade, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á C.
  • Fichas de exiliados: Ramón Fernández Mato e José Rubia Barcia: 4 fotogramas

Conservada en formato papel (fotocopia):

  • Ficha de socio nº 3233

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Convite

Convite da xunta directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002), conservado en formato papel.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Memorias presentadas pola Xunta Directiva

Memorias presentadas pola Xunta Directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":

Conservadas en formato papel (fotocopias): 1872-1888, 1923
Conservadas en formato papel (orixinais): 1921-1922, 1924-1937
Conservadas en formato dixital e impreso: 1938

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Estatutos do Centro Gallego de La Habana

Estatutos do "Centro Gallego de La Habana" (56 páxinas) aprobados en Xunta Xeral o 01/07/1887 e conservados en formato dixital.

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Documentación da Casa de saúde "La Benéfica"

Documentación da Casa de saúde "La Benéfica" do "Centro Gallego de La Habana":

  • Álbum "Portfolio Galicia : La Benéfica, Casa de Salud del Centro Gallego de La Habana" publicado en A Coruña en 1904, conservado en formato papel.
  • Folleto "Como se alimentan los enfermos de la Casa de Salud La Benéfica del muy ilustre Centro Gallego de La Habana" (37 páxinas) publicado na Habana en 1930, conservado en formato dixital e impreso.
  • Folleto co programa de goberno da agrupación "Afirmación y Defensa" (Candidatura nº 2 ás eleccións de 1943) (11 páxinas), conservado en formato papel.
  • Folleto sobre o goberno do Centro Galego, elexido por Afirmación y Defensa (Candidatura nº 2) (31 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
  • Documento mecanografado "La atención médica integral a la tercera edad en las comunidades españolas" do 01/06/1990, conservado en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada polo Presidente da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes", Antonio Cougil Fernández, conservada en formato papel.

Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad Cultural Rosalía de Castro" do 19 de xuño de 1945, conservada en formato dixital e impreso.

Sociedad Cultural y Artística Rosalía de Castro

Recibos de cobro

Recibos de cobro da "Sociedad de Instrucción Puente de Mera" ao socio José Vilela Covelo, dos meses marzo, maio, xuño e setembro de 1943, conservados en formato dixital.

Sociedad de Instrucción Puente de Mera

Folleto sobre a Casa de saúde "La Benéfica"

Folleto "Como se alimentan los enfermos de la Casa de Salud La Benéfica del muy ilustre Centro Gallego de La Habana" (37 páxinas) publicado na Habana en 1930, conservado en formato dixital.

Sociedad de Instrucción Puente de Mera

Resultados 1561 a 1580 de 5665