Amosando 154 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental composta Cartas
Previsualización da impresión Ver:

10 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Correspondencia mantida con outras sociedades de A Habana

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e outras sociedades de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada por José Costas, Secretario da sociedade "Luz de Riveras del Sor", con motivo dunha invitación (25/07/1926)
  • Carta enviada por Manuel Álvarez, Secretario Xeral da sociedade "Agrupación Artística Gallega", por un asunto económico (20/05/1933)

La Unión Mañonesa

Cartas relativas aos socios

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
  • Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.

Unión Trivesa

Cartas enviadas á Secretaría Xeral de Emigración

Cartas enviadas pola Presidenta do "Centro Galego de La Rioja", Aurora Álvarez Burgué, á Secretaría Xeral de Emigración, para facerlles chegar a súa revista "Novas Nosas", conservadas en formato papel:

  • 18/05/2006
  • 18/05/2009

Centro Galego de La Rioja

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Correspondencia con Antonio García Prado

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada", César Carrera Gallego, e o emigrado en Miami Antonio García Prado, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo Presidente acerca da sociedade de Monterroso (26/02/1969)
  • Carta recibida polo Presidente acerca da vida cubana en Miami (31/10/1969)
  • Carta enviada polo Presidente con información sobre as actividades das sociedades de A Golada e Monterroso (09/02/1970)
  • Carta enviada polo Presidente cun informe de actividades da sociedade (11/02/1971)

Hijos del Ayuntamiento de Golada

Correspondencia mantida con motivo do Cemiterio de Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
  • Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
  • Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
  • Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
  • Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)

La Unión Mañonesa

Correspondencia mantida co Comité de Sociedades Españolas de A Habana

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor do xefe e tripulantes do hidroavión español "Plus Ultra" no vó Palos de Moguer-Arxentina (08/03/1926)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor dos damnificados polo ciclón que azoutara a rexión occidental da Illa (30/10/1926)
  • Carta enviada polos Presidentes do Casino Español, das Asociacións independentes, do Centro Gallego, do Centro Asturiano e da Cámara Española de Comercio con motivo da suscrición a favor da Cidade Universitaria Hispano-Americana en Madrid (10/08/1927)

La Unión Mañonesa

Correspondencia relativa á Estrada de Ramil

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, relativa á Estrada de Ramil, mantida cos seus socios e coa:

  • Xunta Patronal do camiño veciñal de Lanzós
  • Comité Pro Estrada de Ramil

Progreso de Lanzós

Correspondencia mantida con motivo do monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado

Correspondencia mantida pola sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (14/10/1926)
  • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do extravío dunha carta (08/02/1927)
  • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (14/06/1927)
  • Carta enviada ao Secretario da Comisión Organizadora Pro-Monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado, José Fojo (31/07/1927)
  • Carta enviada pola Directiva da Federación Agraria de Ortigueira con motivo do monumento (08/11/1927)

La Unión Mañonesa

Correspondencia mantida coa prensa

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida co Comité de Prensa da sociedade e coa:

  • Asociación de Prensa de Cuba
  • "Unión Nacionalista : diario político y de información general"
  • "Diario de información"
  • "Diario Español"
  • "El País"
  • "El Mundo"
  • "La Voz Española : revista gráfica y radio difusora hispano-americana"
  • "Acción Gallega"
  • "Diario de la Marina"

Progreso de Lanzós

Correspondencia mantida co apoderado da sociedade na cidade de A Coruña

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa" e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña, José Vidal Fernández, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/11/1926)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/09/1927)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (17/01/1928)
  • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (13/09/1928)
  • Xustificante do Banco Pastor (02/03/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (03/04/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (04/05/1929)
  • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (18/07/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (10/09/1929)

La Unión Mañonesa

Correspondencia varia recibida

Correspondencia varia recibida pola sociedade "La Unión Mañonesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada pola Comisión Organizadora para a Creación da Federación Ortegana ao Presidente da sociedade de instrución do Partido Xudicial de Ortigueira (17/05/1926)
  • Carta enviada polo Comisionado Xeral do Goberno de Cuba ao Presidente da sociedade con motivo da Exposición Iberoamericana de Sevilla (10/09/1927)
  • Carta enviada polo socio José Rubiños Berdeal ao Presidente da sociedade solicitando axuda económica (17/09/1927)
  • Carta enviada polo Brigadier do Exército Nacional da Comandancia Militar da Provincia de A Habana ao Secretario da sociedade cunha autorización (20/06/1933)

La Unión Mañonesa

Resultados 141 a 154 de 154