Amosando 790 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

54 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Pin

Pin conmemorativo do XXXV aniversario da entidade coa representación do mapa de Galicia, a bandeira e un hórreo.

Centro Gallego de Berna

Estatutos do Centro Gallego de Berna

Estatutos da sociedade, aprobados en Asemblea Extraordinaria o día 31 de maio de 1973, pasando a denominarse "Centro Gallego de Berna", conservados en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Berna

La situación escolar de los españoles en Lausana

Informe sobre a situación escolar dos españois residentes en Lausana elaborado pola "Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza" en 1983, conservado en formato papel.

Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza

"Publicaciones previas a la Conmemoración del Centenario"

Publicación facsimilar da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" con motivo do seu centenario, na que reproducen dúas publicacións sobre a historia da institución:

  • Un documento en conmemoración das Bodas de Ouro da sociedade, de Gervasio García (1935)
  • Un documento polo 75º aniversario da sociedade, de Antonio Olarte Hervias (1960)

Sociedad española de beneficencia de Panamá

Estatutos y reglamento interno

Estatutos e regulamento interno do "Centro recreativo y social español de Azuero" (25/11/1966) conservados en formato papel.

Centro recreativo y social español de Azuero

Programa

Programa da actuación musical do barítono galego Antón de Santiago no Salón de Actos do Deportivo de Tlahuac o día 02/10/1988, organizado pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, a "Fundación Cultural y Social Daniel Suárez" e o "Centro Gallego de México, A. C.", conservado en formato papel.

Centro Gallego de México, A. C.

Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo

Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).

Adxunta á carta documentación relativa ao Centro:

  • Escudo
  • Estatutos vixentes
  • 14 números da revista "Anduriña"

Centro Gallego de México, A. C.

"3er. Festival Infantil de Música, Coros y Danzas Españolas"

Folleto "3er. Festival Infantil de Música, Coros y Danzas Españolas : 23 y 30 de mayo 1999, Centro Teatral Manolo Fábregas, Teatro México", editado pola "Junta Española de Covadonga Pro-Beneficencia Española", conservado en formato papel.

Sociedad de Beneficencia Española de México. Junta española de Covadonga

Carta enviada á RTVG

Carta enviada polo Presidente do Grupo folklórico Airiños da Terra de Rotterdam, J.P. Rey Landeira, ao Servizo co Exterior da Radio Televisión de Galicia, o 28/05/1993, conservada en formato papel.

Grupo folklórico Airiños da Terra

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Helmond, Holanda, por iniciativa do Consello da Cultura Galega (26/11/1998), conservada en formato papel.

Asociación Cultural Gallega O Pote

Modelo de carné

Modelo de carné de socio do "Club Deportivo Obrero Español" para os anos 1994-1997, co emblema societario, conservado en formato papel.

Club Deportivo Obrero Español

Tarxeta social

Tarxeta de presentación do "Coro Alborada" da Casa de Galicia de París, conservada en formato papel (fotocopia).

Casa de Galicia de París

Carta aos consocios

Carta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).

Casa de Galicia de París

Resultados 141 a 160 de 790