Showing 2462 results

Archival description
Emigración galega
Print preview View:

101 results with digital objects Show results with digital objects

Sanatório Espanhol

Esta publicación foi editada para conmemorar o centenario fundacional da Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Salvador de Bahia, centrándose nun resumo histórico sobre a súa obra hospitalaria, a creación da sociedade coa transcrición da acta fundacional e o listado dos socios fundadores, e as mensaxes e visitas de altas personalidades con motivo desta data como os Reis de España. Tamén informan sobre o presente e futuro da entidade, sendo o Sanatorio o centro sanitario onde os seus socios reciben todo tipo de tratamentos e especialidades médidas.

Número conservado en formato papel:

1985 (revista conmemorativa do centenario social)

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Informativo do Sanatório Espanhol : Publicaçâo da Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación trimestral está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, co directorio médico que financia a entidade para consultas dos socios, informacións sobre as instalacións do Sanatório Espanhol ou sobre enfermidades, etc.

Números conservados en formato papel:

1987: n. 1
1991: n. 15; 18-19
1992: n. 20-22

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Informativo Hospital Espanhol : Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de Beneficencia, das instalacións do Hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1
2000: n. 3-4
2001: n. 5
2002: n. 7
2003: n. 14-16

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Boletim Informativo : Real Sociedade Espanhola de Beneficência

Este boletín societario está editado para informar aos seus socios das actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, e do directorio médico ao que poden acudir en caso de necesidade. Tamén aparecen noticias sobre a sociedade, coa composición da directiva e un editorial do presidente.

Números conservados en formato dixital:

1960: n. 1
1963: n. 5-6
1964: n. 7
1965: n. 9-10
1966: n. 11-14
1967: n. 15-18
1968: n. 19-22
1969: n. 23-24
1970: n. 27
1973: n. 38
1974: n. 41
1977: n. 54-55
1978: n. 57, 59-60
1979: n. 61-64
1980: n. 65-68
1981: n. 69-70

Números conservados en formato papel:

1961: n. 2
1962: n. 3-4
1972: n. 35
1978: n. 58
1982: n. 73, 76
1983: n. 77-78
1984: n. 81-82

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Documentación do Panteón de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Documentación do Panteón de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurado o 12/06/1938, conservada en formato dixital:

  • Libro auxiliar do Título do Panteón coa relación das exhumacións e inhumacións realizadas dende 31/07/1938 ata 17/07/2003 (67 páxinas)
  • Fotografía tomada na inauguración

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" do día 28/01/1912, conservada en formato dixital.

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Documentación da Delegación en As Pontes de García Rodríguez

Documentación da Delegación desta sociedade en As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:

  • Libro con 8 actas das reunións das Xuntas da Delegación dende 01/04/1922 ata 10/1923 (19 páxinas)
  • Regulamento aprobado o 29/10/1922 (15 páxinas)
  • Libro diario de contas (1922-1946) (56 páxinas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservados en formato dixital:

  • Libro de caixa dende o 29/04/1912 ata o 31/12/1927 (180 follas)
  • Libro de caixa dende o 01/01/1928 ata 07/1948 (150 follas)
  • Libro de balances de tesourería dende 08/1948 ata 12/1963 (97 follas)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Recibos

Recibos da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez", conservados en formato dixital:

  • 1 libreta de depósitos na conta corrente de The First National Bank of Boston na Habana da sociedade (1944-1958)
  • 8 cheques emitidos por The First National Bank of Boston da conta de aforro da sociedade (1952-1955)
  • 7 recibos da Caixa de Aforros e Banco Gallego na Habana (1922-1930)
  • 2 recibos da Inmobiliaria Simón Bolívar (1953)
  • 2 bonos emitidos pola Xunta de 22/02/1940

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Fotografías

Fotografías da "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez": banquetes, edificios, inauguracións, reunións, etc., conservadas en formato dixital.

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Unión Mugardesa de Instrucción

Esta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1918: n. 4 (extraordinario)
1922: n. 5-6

Unión Mugardesa

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios, incompleto (1907-1908)
Regulamento da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" de 1907
Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" de 1929
Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (1931)
Acta-certificado sobre a cesión de edificios para escolas (1956)
Memoria da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" do ano social de 1917 a 1918
10 recortes de prensa

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios
35 fotografías

Conservada en formato papel (orixinal):

Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Socorros Pila Ancha" de 1927

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad de Instrucción Regeneración" do 24/11/1907 manuscrita (5 páxinas) e mecanografada (6 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Regulamentos

Regulamentos:

Conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" de 1907 (15 páxinas)
  • Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido" aprobado o 05/10/1929 (30 páxinas)

Conservado en formato papel:

  • Regulamento da "Sociedad de Instrucción y Socorros Pila Ancha" aprobado o 09/10/1927 (26 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Memoria social

Memoria dos traballos realizados pola Xunta Directiva da "Sociedad de Instrucción Pila Ancha" durante o ano social de 1917 a 1918 (20 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Hijos de Roupar

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libro de Actas das Reunións da Xuntas Directivas (1913-1917)
Libro de Actas das Reunións da Xuntas Directivas (1917-1930)
Libro de Actas das Reunións da Xuntas Directivas (1930-1946)
Libro de rexistro de socios (1954)

Conservada en formato papel (fotocopias):

Regulamento (1930)
Folio orixinal da sociedade
Memoria de traballos realizados durante o ano 1913
Memoria de traballos realizados durante o ano 1914

Hijos de Roupar

Fotografías

Fotografías da sociedade "Progreso de Lousada", conservadas en formato dixital:

  • 4 fotografías realizadas en reunións da Xunta Xeral de Socios
  • 1 fotografía da Xunta Directiva

Progreso de Lousada

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" (1957) (fotocopias)
Regulamento (1957) (orixinal)
Circular enviada aos socios (1957)
2 certificados asinados polo Director da sociedade (1959)
2 folios orixinais da sociedade

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1957-1964)
3 cartas entre a sociedade e o Alcalde de Xermade (1958)
Carta enviada dende a empresa Rivera y Cía. (1959)
5 cartas entre a sociedade e o mestre de Roupar (1959)
2 circulares enviada aos socios (1958)
Informe da Comisión de Glosa (1960)
Informe da Dirección
Carta enviada polo Presidente da Comisión de Festexos ao Director (1959)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Sociedad Roupar y Lousada. Actas de Juntas Directivas 1957

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Roupar y Lousada", conservado en formato dixital e impreso incompleto:

  • Libro de actas das reunións dende o 21/08/1957: dixitalizadas as 29 primeiras actas, ata o 17/12/1959 (63 páxinas)

Roupar y Lousada, Sociedad de Recreo y Beneficencia

Unión de San Simón y Saramugo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1913-1922)
Copia da escritura da Escola de Samarugo (1950)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1917-1920/1921)

Unión de San Simón y Saramugo

Results 1621 to 1640 of 2462