Folleto editado polo "Centro Ourensan de Montevideo" sobre o primer Museo Sudamericano de Historia da actividade agrícola en Galicia, con pezas do periodo 1800-1950 cedidas por José María García.
Recorte de prensa do n. 220 (08/06/1918) do Seminario Independiente "El Pueblo", cunha nota sobre a próxima apertura dunha escola por parte da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservado en formato papel (fotocopias).
Carta enviada por Vicente Peña Saavedra, do Departamento de Pedagoxía Sistemática da Universidade de Santiago de Compostela, a Joaquín Alonso, da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" o 26/06/1986, para agradecerlle a súa carta previa e pedirlle información sobre as súas escolas e sobre outras entidades uruguaias.
Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:
Díptico que inclúe o programa do "Acto académico-musical de homenaje a Juana de Ibarbourou" organizado pola "Asociación uruguaya de hijos de gallegos" para o día 09/11/1963 no Centro Gallego, conservado en formato papel.