Showing 127 results

Archival description
Uruguai
Print preview View:

Carta e enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega

Carta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:

  • "As Sociedades Galegas no Mundo"
  • Censo Cultural, "Medios de Comunicación"
  • Censo Cultural, "Entidades"

Centro Orensano de Montevideo

Memoria interna

Memoria social da entidade e da directiva correspondente ao período 1997-1999, conservada en formato papel (fotocopias).

Asociación española cultural, recreativa y social de Florida

Enquisa "Censo Cultural"

Enquisa "Censo Cultural" enviada polo "Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor" ao Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Casa de Galicia de Montevideo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatuto aprobado en 1957 e publicado en 1958
Folleto sobre a Policlínica Central
Folleto sobre asistencia integral de saúde
Folleto sobre afiliación
Folleto sobre o FONASA
Folletos "Tu salud nos importa"
Folleto "Cinco poemas galegos" de Victor Luis Molinari
Folleto "Valoración de Pondal" de Luis Tobío
Folletos polo Día de Galicia
Programa de acto cultural
Convite á conferencia de Carlos Zubillaga Barrera
Convite a ciclo de conferencias
Revista "Ecos da Terra : Órgano oficial de Casa de Galicia de Montevideo"
"Revista Salud : Publicación oficial de Casa de Galicia"
Revista "Casa de Galicia"
Revista "Cousas Nosas"
"El Boletín : Publicación Oficial de Casa de Galicia"
Memoria "Casa de Galicia : 50 años"
Memoria "Casa de Galicia : El Día"
Memoria "Casa de Galicia : 90 años"

Conservada en formato papel orixinal, facsímil e dixital:

Revista "Alma Gallega : Órgano oficial de Casa de Galicia"

Conservada en formato dixital:

Semanario "Galicia Nueva : Semanario Regional"

Casa de Galicia de Montevideo

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

O Irmandiño : Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai

Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

Números conservados en formato dixital:

1ª época, 1934-1936
2ª época, 1958-1961

Números conservados en formato papel (fotocopias):

2ª época:
1958: n. 1
1959: n. 2

Irmandade galeguista d'o Uruguai

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Memoria "Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay : Memoria de actividades"
Xornal "El Diario Español : Órgano oficial de la prensa escrita de la Federación de Instituciones españolas del Uruguay"

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Results 1 to 20 of 127