Showing 52 results

Archival description
Galicia Convites
Print preview View:

Convite a nomeamento

Convite ao nomeamento como Presidenta de Honra da sociedade "O Penedo Fogar Galego" á Condesa de Fenosa, Carmela Arias Díaz de Rábago, o día 01/12/1990, conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Modelos

Modelos da sociedade de instrucción, cultural e benéfica "La Baña y su Comarca", conservados en formato papel:

  • Modelo de recibí
  • Modelo de convite á Xunta Xeral de Socios

La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica

Modelo de convite

Modelo de recibo de convite ao banquete que organiza a sociedade "Emigrados de Riotorto" para o día 27/07/1958, conservado en formato dixital.

Emigrados de Riotorto

Convite a mesa redonda

Convite a mesa redonda para discutir ás eleccións ó Parlamento Galego nos locais da Sociedade "A Nosa Galiza", conservado en formato papel.

Sociedade "A Nosa Galiza"

Circulares

Circulares da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca" conservadas en formato papel:

  • Circular coa candidatura (única) para a elección da directiva social (1929)
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1940), co emblema societario
  • CIrcular co orde do día e a convocatoria para asitir á toma de posesión da nova Xunta Directiva (1941), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1944), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1948), co emblema societario

Juventud de Baleira y su Comarca

Circulares

Circulares da sociedade conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Circular coa candidatura da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción" para 1923-1924
  • Circular coa candidatura da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción" para 1930-1931
  • Circular coa candidatura da sociedade "Liga Santaballesa de Instrucción, Recreo y Beneficencia" para 1932-1933
  • Circular coa candidatura da sociedade "Liga Santaballesa, Sociedad de Instrucción, Recreo y Beneficencia" para 1933-1934
  • Circular do Presidente da sociedade "Liga Santaballesa de Instrucción, Recreo y Beneficencia", Rosendo González Otero, coa candidatura para 1934-1935
  • Circular coa directiva electa da sociedade para 1935
  • Circular coa candidatura da sociedade "Liga Santaballesa, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" para 1939

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Documentación relativa ao Panteón social

Documentación relativa ao Panteón social da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".

Conservada en formato dixital:

  • Notificacións de exhumacións dos socios:
    • Tomo I: 04/1941-11/1949
    • Tomo II: 01/1950-07/1953
    • Tomo III: 08/1953-07/1955
    • Tomo IV: 08/1955-07/1958
  • 2 fotografías do Panteón

Conservada en formato papel:

  • Convite ao acto de bendición das obras de ampliación do Panteón (03/05/1942)

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Convite

Convite da xunta directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002), conservado en formato papel.

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Convites

Convites a xuntanzas no Hotel Mindanao de Madrid, conservados en formato papel:

  • Almorzo (09/02/1991)
  • Almorzo Coloquio (20/02/1993)
  • Copa de vino galego (12/02/1994)
  • Cea homenaxe a Francisco Díaz Rey, primer Director da Casa de Galicia

Enxebre Orde da Vieira

Documentos da semana cultural das letras galegas

Documentos da semana cultural das letras galegas organizada pola Casa de Galicia de Santurce, conservados en formato papel:

  • Tríptico co programa da semana de 1991, en homenaxe a Álvaro Cunqueiro Mora
  • Convite á conferencia celebrada o 17/05/1991
  • Convite á obra de teatro celebrada o 18/05/1991
  • Tríptico co programa da semana de 1992, en homenaxe a Fermín Bouza-Brey
  • Tríptico co programa da semana de 1993, en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor
  • Tríptico co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane
  • Cartaz co programa da semana de 1994, en homenaxe a Luis Seoane (495 x 343 mm)
  • Díptico co programa da semana de 1995, en homenaxe a Rafael Dieste
  • Tríptico co programa da semana de 1996, en homenaxe a Xesús Ferro Couselo

Casa de Galicia en Santurce

Convite a asistir aos actos polo Día das Letras Galegas

Carta enviada o 11/05/1998 polo Presidente da Casa Cultural de Galicia en Eibar, A. Los Santos, ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares Mouriño, para convidalo a asistir aos actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas de 1998, conservada en formato papel.

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Carta aos consocios

Carta enviada aos consocios da Casa de Galicia de París o 27/01/1970, para convidalos á Asemblea Xeral do día 22 de febreiro na que, entre outros puntos, se elixirá unha comisión revisora de contas e os postos da xunta directiva vacantes, conservada en formato papel (fotocopia).

Casa de Galicia de París

Modelos

Modelos da sociedade "Club Navia de Suarna":

Conservados en formato papel:

  • Modelo de recibí
  • Modelo de convite á xunta xeral de socios, co emblema societario

Conservado en formato dixital:

  • Modelo de autorización para inhumación no Pantéon do Cemiterio de Cristóbal Colón

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Modelo de convite

Modelo de convite do "Centro recreativo Uniâo do Río Tea", co emblema societario, conservado en formato papel.

Centro recreativo Uniâo do Río Tea

Manifesto do Fato pra unha Galiza ceibe e socialista

Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.

Fato pra unha Galiza ceibe e socialista

Modelo de convite

Convite a unha velada literario bailable organizada pola sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital.

Agrupación artística gallega

Results 1 to 20 of 52