Amosando 48 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Bos Aires (Cidade) Publicacións
Previsualización da impresión Ver:

Homenaje al Maestro

Folleto homenaxe a Manuel Urbano García Pose, director musical do conxunto "Airiños" da entidade.

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Folletos do Centro Galicia de Buenos Aires

Folletos informativos das actividades organizadas polo Centro Galicia de Bos Aires na sede social, no campo deportivo e na Quinta Noso Lar:

  • Folleto (20 páxinas) (mayo 1988)
  • Tríptico "Una institución del siglo XXI para toda la familia"

Centro Galicia de Buenos Aires

Folleto Desarrollo Económico

Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965

Centro Gallego de Buenos Aires

Folleto

Conferencia pronunciada por Antón Alonso Ríos no Centro Orensano en memoria do mariscal Pardo de Cela, que incorpora verbas de Castelao

Irmandade galega de Buenos Aires

Manifesto a favor da construcción dunha escola e biblioteca

Folleto titulado "Manifiesto a los socios de esta entidad, conterráneos y simpatizante (sic)" instando a suscribir a causa en favor da construcción dunha escola e biblioteca popular no distrito de Porriño, conservado en formato dixital.

Unión agraria parroquias unidas del distrito de Porriño

Folleto sobre as Xornadas Patrióticas Galegas

Fotocopias da comunicación presentada ás Xornadas Patrióticas Galegas, editadas pola Comisión Intersocietaria de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1952.

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Folleto

Folleto titulado "Breogán : Agrupación Gallego Argentina Pro Centro Gallego" (tamaño A4, 48 páxinas)

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Folletos sobre o Instituto Santiago Apóstol

Folletos informativos nos que se da a coñecer o Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstol", fruto da colaboración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires por medio da Fundación Galicia-América:

  • Tríptico coa descrición do centro, a proposta educativa, as actividades e os niveis educativos (1998)
  • Folla voandeira co aviso da nova inscrición e indicación de ensino oficial (2003)
  • Folleto informativo (2005)

Centro Galicia de Buenos Aires

Folleto

Folleto publicado con motivo do 8º aniversario da "Fundación Xeito Novo de cultura gallega" (1992)

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Folleto "Betanzos honra a sus mártires"

Folleto editado polo Concello de Betanzos, o Consello da Cultura Galega e a Fundación 10 de Marzo como edición facsímil do publicado polo Centro Betanzos de Bos Aires en xullo de 1955.

Centro Betanzos

Resultados 1 a 20 de 48