Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica "La Baña y su Comarca", conservado en formato dixital:
Libro con 122 actas dende o 11/12/1953 ata o 06/01/1965 (134 páxinas)
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica
Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana, conservada en formato dixital e impreso:
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor do xefe e tripulantes do hidroavión español "Plus Ultra" no vó Palos de Moguer-Arxentina (08/03/1926)
Carta enviada polo Presidente do Comité con motivo da suscrición a favor dos damnificados polo ciclón que azoutara a rexión occidental da Illa (30/10/1926)
Carta enviada polos Presidentes do Casino Español, das Asociacións independentes, do Centro Gallego, do Centro Asturiano e da Cámara Española de Comercio con motivo da suscrición a favor da Cidade Universitaria Hispano-Americana en Madrid (10/08/1927)
Relación de socios contribuíntes na liquidación e arranxos do Panteón Social da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Abadín" de 1965 (2 páxinas), enviada ao Ministro do Interior, conservada en formato dixital.
Real Decreto-Lei do 24/03/1926, co Regulamento de exención do Servizo Militar activo aos españois residentes nos países americanos de raza ibérica e Illas Filipinas (31 páxinas), conservado en formato dixital.
Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.
Libro de caixa de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira" dos anos 1948-1956, do que se dixitalizaron algúns exemplos (3 páxinas), conservados en formato dixital.
Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de Colón en A Habana, conservada en formato dixital:
1 carta sobre a construcción do Panteón (1930)
1 escritura sobre a construcción do Panteón (1937)
1 recibo de pago da cuota do Panteón (1938)
1 libro de rexistro do Panteón dende o 21/11/1938 ata o 19/09/2002 (16 páxinas)
1 carta sobre a ampliación do Panteón (1954)
180 recibos de bonos de pago da cuota para rematar de pagar o Panteón (1938)
10 fotografías do Panteón
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Documentación das escolas da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:
5 orzamentos de execución dos edificios para escolas en Pontes de García Rodríguez
1 proxecto coas cláusulas de cesión de uso dos catro baixos e o campo anexo ao edificio da escola en Pontes de García Rodríguez (3 páxinas)
1 expediente de incautación de varios edificios (1941)
1 expediente da póliza de seguros
9 planos do Colexio en As Pontes
15 fotografías do Colexio de Santa María en As Pontes, da Escola de Barosa en Vilabella e da Escola do Freixo
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Revista de tirada mensual que comezou a súa andadura o 1 de xullo de 1912, "consagrada á los intereses de la Sociedad Unión Mugardesa de Instrucción establecida en La Habana", como indica na súa portada.