O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.
Coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
Estatuto social (1990)
Memoria anual (1989)
3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
Correspondencia de Hijos del Ayuntamiento de Boiro con diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.
Correspondencia enviada polo "Consello de Galiza" en Bos Aires a diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).
Carta enviada polo Secretario, Pedro Soriano, e o Presidente, Francisco Solla Crespo, do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María José Rodríguez Galdo, en contestación a un requerimento previo de información.
Xunto coa carta adxuntan a seguinte documentación:
Estatutos
Memoria e balance do exercicio 1995-1996
Último boletín publicado
Breve reseña histórica do centro
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo
Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1927, 1931-1932 e 1937-1955
Carta dirixida ao Secretario da "Sociedad hijos de Silleda de protección mutua" para comunicar a constitución da "Sociedad de Agricultores y Oficios de Ocastro Silleda", conservada en formato papel. Xunto coa carta ía adxunto un folleto coa convocatoria do II Congreso para a constitución da "Confederación Regional de Agricultores Gallegos" e do "Partido Agrario Gallego" (8 páxinas)
Carta de Ramón Vila, Secretario da "Asociación Unión Residentes del Ayuntamiento de Carbia en Buenos Aires" do día 15/07/1977 felicitando a esta sociedade polo seu 47º aniversario social e contestando á súa invitación previa a un almorzo.
Sociedad de beneficencia y recreativa hijos de Golada y afines
Correspondencia e documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" dos anos 50 relativa á construcción dun Instituto Laboral en Lalín.
Recortes de prensa, correspondencia e demáis documentación da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires" relativa á homenaxe á Ramón María Aller Ulloa na vila de Lalín no primeiro aniversario do seu pasamento.
Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:
1 relación de persoas que contribuíron na constucción do novo cemiterio nas Pontes
1 relación das doazóns acadadas para a construcción (1922-1925)
1 relación de gastos aboados pola Comisión enargada da súa construcción (1922-1925)
1 carta sobre as obras no novo cemiterio (1923)
1 informe sobre o cemiterio de Ortigueira
1 acta da reunión celebrada nas Pontes con motivo da construcción do Panteón (1924)
1 informe do arquitecto (1926)
1 regulamento polo que se rexirá o novo cemiterio
4 planos
1 certificado de cesión dun terreo (1931)
1 certificado de cesión dun terreo (1937)
1 carta sobre o terreo do cemiterio de As Pontes, as escolas de San Mamede e Deveso e as contas do Banco Pastor
7 certificados sobre a construcción do Panteón (1967-1969)
1 proxecto (1968)
1 memoria (1968)
1 pliego de condicións económico-administrativas (1968)
3 números do Boletín Oficial da Provincia da Coruña (1968)
1 acta do Pleno municipal (1968)
1 orzamento (1968)
1 acta da subasta (1968)
1 factura (1969)
15 cartas sobre o cemiterio, o proxecto de construcción, o orzamento, o prego de contratación, a entrega oficial do Panteón, etc. (1968-1969)
1 informe da aportación económica do Concello de As Pontes (1969)
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Correspondencia mantida entre a "Sociedad de Instrucción de Naturales de Puentes de García Rodríguez" e a Delegación da mesma en As Pontes, entre outros, conservada en formato dixital.
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez
Correspondencia conservada en formato dixital e impreso:
Circular informando aos socios da sociedade "Progreso de Lousada" da estafa acometida pola anterior Xunta Directiva e solicitando o pago da cuota social (10/09/1932)
Carta concediendo terreos para construir un Panteón no cemiterio da parroquia de San Pedro de Santaballa a favor da sociedade "Progreso de Lousada", a iniciativa do socio José Fernández Pernas (03/09/1935)
Carta do Vicesecretario da Chancillería do Obispado de Mondoñedo, Gabriel Pita da Viega, ao cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez sobre o traslado duns restos mortais (03/09/1935)
Informe do cura párroco de San Pedro de Santaballa, Domingo Pérez Ocampo (22/10/1935)
Carta do Presidente da Asociación, Dalmiro Blanco Lage, enviada o 15/05/2000 ao Consello da Cultura Galega, coa composición da directiva para o bienio 2000-2002, conservada en formato papel (fotocopias).
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Carta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.