Showing 29 results

Archival description
File Emblemas
Print preview View:

2 results with digital objects Show results with digital objects

Fotografías

Fotografías do "Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos", conservadas en formato papel:

  • Fotografía da sede e, na parte posterior, escudo societario.
  • Fotografía de banderola co emblema societario.

Centro Espanhol e Repatriaçâo de Santos

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

Emblemas

Tarxeta social e fotocopia do escudo do "Centro Galego de La Rioja", conservados en formato papel.

Centro Galego de La Rioja

Modelos de recibos

Modelos de recibos da sociedade "Calo y Viduido" dos anos 30, 50 e 70 do século XX, conservados en formato dixital.

Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos

Emblemas

Anagramas e Escudo da "Enxebre Orden da Vieira" conservados en formato orixinal (papel e tea).

Enxebre Orde da Vieira

Documentación mutualista

Documentación mutualista do "Centro Unión Orensana de La Habana" conservada en formato papel:

  • Memoria de actividades realizadas durante o ano 1996
  • Emblema societario utilizado durante as décadas 1930-1940
  • Emblema societario utilizado dende 1995

Centro Unión Orensana de La Habana

Títulos e diplomas

Títulos conservados en formato dixital:

  • Título de socio benemérito outorgado polo "Centro Gallego de La Habana" (1941)
  • Titulo de Presidente de honra outorgado pola sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" (1944)
  • Titulo de Tesoreiro de honra outorgado pola "Sociedad Progreso de Lanzós" (1959)

Progreso de Lanzós

Publicidade societaria

Publicidade da Irmandade Galega na Suiza, conservada en formato papel:

  • Tríptico sobre o grupo de música e danzas da sociedade
  • Recorte de prensa de "La Voz de Galicia" (10/09/1994)
  • Tarxeta co emblema societario
  • Listaxe de membros do cumio (1997)

Irmandade Galega na Suiza

Carta coas enquisas "Censo cultural" e "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:

  • Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
  • Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
  • Relación de actividades previstas para o ano 1996
  • Sobre co emblema societario

Casa de Galicia en Santurce

Carta e enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de Aarau, Evaristo Lago, a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 13/10/1998, en contestación á súa solicitude de información. Nela informan do seu recente cambio de dirección.

Documentación adxunta:

  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo", 8 páxinas, tamaño A4.
  • Portada, índice e primeira páxina do número 1 (set. 1998) da revista "Unión do galego" (fotocopias)
  • Emblema societario (fotocopias)
  • Carné de socio do Presidente (fotocopias)

Grupo Galego de Aarau

Circulares

Circulares da sociedade "Juventud de Baleira y su Comarca" conservadas en formato papel:

  • Circular coa candidatura (única) para a elección da directiva social (1929)
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1940), co emblema societario
  • CIrcular co orde do día e a convocatoria para asitir á toma de posesión da nova Xunta Directiva (1941), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1944), co emblema societario
  • Circular coa orde do día e a convocatoria para asitir a unha reunión da xunta xeral de socios (1948), co emblema societario

Juventud de Baleira y su Comarca

Recibos

15 recibos da sociedade "Progreso de Coles, Sociedad de Beneficencia y Recreo" (1960) e 1 modelo de recibo, conservados en formato papel.

Sociedad Progreso de Coles

Modelos

Modelos da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Capela" co emblema societario, conservados en formato papel:

  • Modelo de sobre
  • Modelo de carné de socio
  • Modelo de recibo de cobro

Hijos del Ayuntamiento de Capela. Sociedad de instrucción, recreo y protección al asociado

Publicidade societaria

Calendario da Irmandade Galega de Rubí, con datos sobre o Real Club Deportivo de A Coruña, e emblema societario, conservados en formato papel.

Irmandade Galega de Rubí

Programas de actividades

Programas de actividades recreativas organizadas polo "Club Deportivo Obrero Español", conservados en formato papel:

  • Programa de 1993
  • Programa de 1995-1996

Club Deportivo Obrero Español

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

A sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich envía a enquisa "As Sociedades Galegas no Mundo" cuberta a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (19/05/1999).

Conservamos:

  • Enquisa, 8 páxinas, tamaño A4
  • Sobre co selo societario cos datos de contacto

Promoción da Cultura Galega

Modelos

Modelos da sociedade "Club Navia de Suarna":

Conservados en formato papel:

  • Modelo de recibí
  • Modelo de convite á xunta xeral de socios, co emblema societario

Conservado en formato dixital:

  • Modelo de autorización para inhumación no Pantéon do Cemiterio de Cristóbal Colón

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Results 1 to 20 of 29