Recorte de prensa de "El Debate", de xullo de 1936, onde aparece unha fotografía do centro escolar inaugurado e costeado por esta sociedade na súa parroquia natal.
1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.
1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.
Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.