Amosando 705 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades

Esta revista societaria está editada polo Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, para informar aos seus socios anualmente das actividades organizadas. O número correspondente ao ano 1997 está dedicado á celebración do cincuentenario da súa fundación, facendo un percorrido polo seu devir histórico.

Números conservados en formato papel:

1992
1997 (50º aniversario)

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Ecos da Terra : Órgano oficial de Casa de Galicia de Montevideo

Esta publicación societaria está editada pola comisión de instrución e cultura de Casa de Galicia de Montevideo, para desempeñar un papel cultural, ademais de ser o voceiro oficial da entidade. A maior parte dos seus contidos versan sobre Galicia, a súa literatura, historia, notas biográficas de persoeiros destacados, presenza de Galicia en Uruguai, situación da cultura, lingua, etc. Tamén aporta información das actividades da institución e a súa historia, conferencias pronunciadas, cursos, actividades científicas, etc.

Números conservados en formato papel:

1981: n. 2
1982: n. 3-5
1983: n. 6-8
1984: n. 9
1986: n. 10
1987: n. 11
1988: n. 12
1989: n. 13
1990: n. 14
1991: n. 15
1992: n. 16
1994: n. 17
1995: n. 18
1997: n. 20
2005: n. 22

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia

Esta publicación societaria está editada para informar aos seus socios e á colectividade sobre as actividades realizadas pola institución, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc.

Número conservado en formato papel:

1991: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Alma Gallega : Órgano oficial de Casa de Galicia

Revista societaria centrada na información das súas actividades sociais por seccións (sanidade, beneficencia, educación, etc.), reprodución da memoria social (balance de caixa, listados de socios, estatísticas médicas, composición da directiva, inventarios xerais, balances económicos, descrición de actividades, etc.). O resto da revista aborda diferentes temas galegos (cultura, xeografía, literatura, personaxes ilustres), comentarios de libros galegos, sección humorística e colaboracións literarias.

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:
1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1935: [n.s.] n. 1
1937 (n. extra 20º aniversario)
1964: febreiro

Números conservados en formato papel:

Facsímil:

1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1941: xullo

Orixinal:

1936: n. 2
1945: decembro (n. extra. 28º aniversario)
1960: xaneiro

Casa de Galicia de Montevideo

Galicia Nueva : Semanario Regional

Semanario feito exclusivamente para Galicia e os galegos residentes en Uruguai. Destaca a atención preferente que fan á Casa de Galicia de Montevideo (actividades societarias, directivas, seccións, etc.). Na práctica converteuse no seu voceiro oficial.
Tamén conta con artigos literarios e culturais. Defende o pensamento rexionalista.
Naceu coa intención de continuar co labor de Tierra Gallega, ambos os dous semanarios foron fundados e dirixidos por José M.ª Barreiro.

Números conservados en formato dixital:

1918: n. 1-12
1919: n. 13

Casa de Galicia de Montevideo

El Boletín : Publicación Oficial de Casa de Galicia

Esta publicación edítase simultaneamente con «Ecos de Terra», coa finalidade específica de informar aos socios das actividades sociais da Casa de Galicia, principalmente dos servizos médicos da mesma, convenios de asistencia, obras nos policlínicos, departamentos médicos, visitas. Tamén aparecen algunhas noticias sobre o labor doutras seccións da entidade, como a biblioteca, o Instituto Curros Enríquez, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 1-6
1996: n. 7-9
1997: n. 10

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : El Día

Esta publicación societaria aparece como un suplemento da revista «Alma Gallega», voceiro oficial da entidade do mesmo nome. O número consultado de 1989, fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos setenta anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín dos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

1989 (72º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Casa de Galicia : 90 años

Esta publicación fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos noventa anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, medios materiais e médicos, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín cos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

2007

Casa de Galicia de Montevideo

Raza celta : Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo

Esta publicación cun marcado compoñente político, foi creada durante a II República española polo Comité Autonomista Gallego de Montevideo, para informar da actualidade da Península, adoptando unha postura conservadora e crítica coa liña do Partido Galeguista. Aparecen numerosos artigos de carácter cultural e de orientación nacionalista, que se complementan con informacións das actividades do propio comité e doutras sociedades no Río da Prata.

Números conservados en formato papel (facsímil):

1934: n. 1-11
1935: n. 12

Comité autonomista gallego de Montevideo

Federación de instituciones españolas en el Uruguay : Memoria de actividades

Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.

Números conservados en formato papel:

[1991]
2011
2016

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Memoria y balance general

Memorias sociais publicadas polo "Hogar español de ancianos".

Números conservados en formato papel:

1989-1990
1995-1996
1999-2000
2002-2003

Hogar español de ancianos

Resultados 641 a 660 de 705