Amosando 168 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Memorias
Previsualización da impresión Ver:

5 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Memoria da Sección de Propaganda

Memoria da Sección de Propaganda da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria dende 12/1927 ata o 28/12/1928 (5 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Casa de Galicia : El Día

Esta publicación societaria aparece como un suplemento da revista «Alma Gallega», voceiro oficial da entidade do mesmo nome. O número consultado de 1989, fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos setenta anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, servizos médicos, medios materiais, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín dos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

1989 (72º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Memoria do ano 1993

Memoria da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol" correspondente ao ano 1993 (37 follas), conservada en formato papel.

Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires"

Documentación da Subcomisión da sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada ao Presidente da sociedade "Hijos del Partido de Lalín" relativa ao proxecto de colaboración para a construcción dunha escola-hospital-asilo (05/10/1928)
  • Proxecto e memoria e balance da sociedade arxentina

Hijos del Partido de Lalín

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Antonio Barbosa Fernández, membro da Xunta Directiva da Casa de Galicia en Valladolid, a María José Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, o día 07 de novembro de 1996, para remitirlle unha memoria, 2 exemplares da revista Abrente, 4 fotografías, 1 emblema e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Memoria 2010

Memoria "Sociedad Parroquial de Vedra : cien aniversario : 1910-2010"

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Casa de Galicia : 90 años

Esta publicación fai un percorrido polo desenvolvemento da entidade nos últimos noventa anos de vida societaria: actividades, directivas, socios fundadores, medios materiais e médicos, edificios, etc. Inclúe ademais un boletín cos servizos asistencias que ofrecen.

Número conservado en formato papel:

2007

Casa de Galicia de Montevideo

Centro Gallego de Avellaneda

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme, dixital e papel:

  • Estatutos (27/12/1939) (fotocopias)

Conservada en formato microfilme e dixital:

  • Actas da Comisión Directiva (1899-1921, 1921-1928)
  • Actas da Comisión de Festas (1902-1910; 1920-1922)
  • Libro de rexistro de socios (1949-1961; 1955-1962)
  • "Boletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda" (1903-1907)

Conservada en formato microfilme:

  • "Boletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda" (1907-1920)

Conservada en formato papel e dixital:

  • Estatutos Civiles del Centro Gallego de Avellaneda, 1940 (fotocopias)
  • Revista "Breogán" (fotocopias)
  • Memoria do ano 1991 (orixinal)

Conservada en formato papel:

  • Enquisas "Censo Cultural" relativas a Medios de comunicación e Entidades (orixinal)
  • Boletín "Centro Gallego de Avellaneda" (orixinal)

Conservada en formato dixital:

  • Memoria do ano 1950

Centro Gallego de Avellaneda

Resultados 81 a 100 de 168