Folleto sobre a exposición de pinturas de Elsa J. González Lorenzo organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 12 e o 26 de xullo de 1996.
Folleto sobre acto cultural polo Día das Letras Galegas organizado por "Casa de Galicia" e o "Patronato da cultura galega de Montevideo" co programa de actividades do día 16 de maio de 1997.
Folleto sobre os intervintes na celebración do Día das Letras Galegas de 1999 adicado a Roberto Blanco Torres organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo".
Folleto sobre a exposición "Cantos y encantamientos del mar, de la tierra, del amor" de Daniel Castro Alcalde organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 3 e o 15 de decembro de 1999.
Programa do "Concierto Folklórico de arte, música y canto coral popular gallego" organizado pola sociedade "Centro Orensano de Buenos Aires" para o día 01/10/1947, conservado en formato papel.
Carta de Luciano Folgar, maestro, a Jesús Blanco, Presidente, do 17/04/1926, acusando recibo da súa previa do día 23 de marzo e dun libro de Eduardo Ortega y Gasset. Opina sobre a publicación "Verdad y Justicia" e informa sobre a marcha das escolas e máis concretamente da de Gresande.
Programa de actividades "Un momento musical...", organizadas pola sociedade "Centro Gallego de Azul" para o día 19/12/1997, con motivo dun aniversario.
Folleto "Fonte lágrimas do Castelo", con información sobre a constitución da Fundación de emigrantes "San Cristóbal do Navallo", conservado en formato papel.