Amosando 7 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia) Unidade documental composta Sepulcros
Previsualización da impresión Ver:

Correspondencia mantida con motivo do Cemiterio de Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
  • Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
  • Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
  • Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
  • Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)

La Unión Mañonesa

Documentación do Panteón de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Documentación do Panteón de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurado o 12/06/1938, conservada en formato dixital:

  • Libro auxiliar do Título do Panteón coa relación das exhumacións e inhumacións realizadas dende 31/07/1938 ata 17/07/2003 (67 páxinas)
  • Fotografía tomada na inauguración

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Documentación do Panteón no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez

Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de As Pontes de García Rodríguez, conservada en formato dixital:

  • 1 relación de persoas que contribuíron na constucción do novo cemiterio nas Pontes
  • 1 relación das doazóns acadadas para a construcción (1922-1925)
  • 1 relación de gastos aboados pola Comisión enargada da súa construcción (1922-1925)
  • 1 carta sobre as obras no novo cemiterio (1923)
  • 1 informe sobre o cemiterio de Ortigueira
  • 1 acta da reunión celebrada nas Pontes con motivo da construcción do Panteón (1924)
  • 1 informe do arquitecto (1926)
  • 1 regulamento polo que se rexirá o novo cemiterio
  • 4 planos
  • 1 certificado de cesión dun terreo (1931)
  • 1 certificado de cesión dun terreo (1937)
  • 1 carta sobre o terreo do cemiterio de As Pontes, as escolas de San Mamede e Deveso e as contas do Banco Pastor
  • 7 certificados sobre a construcción do Panteón (1967-1969)
  • 1 proxecto (1968)
  • 1 memoria (1968)
  • 1 pliego de condicións económico-administrativas (1968)
  • 3 números do Boletín Oficial da Provincia da Coruña (1968)
  • 1 acta do Pleno municipal (1968)
  • 1 orzamento (1968)
  • 1 acta da subasta (1968)
  • 1 factura (1969)
  • 15 cartas sobre o cemiterio, o proxecto de construcción, o orzamento, o prego de contratación, a entrega oficial do Panteón, etc. (1968-1969)
  • 1 informe da aportación económica do Concello de As Pontes (1969)

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Documentación do Panteón no Cemiterio de Colón en A Habana

Documentación relativa ao Panteón "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" no Cemiterio de Colón en A Habana, conservada en formato dixital:

  • 1 carta sobre a construcción do Panteón (1930)
  • 1 escritura sobre a construcción do Panteón (1937)
  • 1 recibo de pago da cuota do Panteón (1938)
  • 1 libro de rexistro do Panteón dende o 21/11/1938 ata o 19/09/2002 (16 páxinas)
  • 1 carta sobre a ampliación do Panteón (1954)
  • 180 recibos de bonos de pago da cuota para rematar de pagar o Panteón (1938)
  • 10 fotografías do Panteón

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Fotografías

Fotografías da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservadas en formato dixital:

  • 2 fotografías da Xunta Directiva
  • 2 fotografías de grupo
  • 1 fotografía no Panteón do Cemiterio de Colón
  • 1 fotografía do coro de Riobó "Airiños de Ulla" (1935)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Fotografías

Fotografías tomadas en actividades da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Cerdido": tomas de posesión, escolas, panteóns, actos, comidas, etc., conservadas en formato dixital.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Fotografías

Fotografías tomadas durante as actividades da sociedade "Puentedeume y su Partido Judicial": Xunta Directiva "Eumeses", Xunta Xeral, Panteón Agustín Gual Tella, excursións, certificados, etc., conservadas en formato dixital.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo