Uruguai

Taxonomy

Code

Scope note(s)

Source note(s)

Display note(s)

Hierarchical terms

Uruguai

Equivalent terms

Uruguai

Associated terms

Uruguai

119 Archival description results for Uruguai

Only results directly related

Carta enviada a Ramón Villares

Carta enviada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, para informalo da composición da Comisión Directiva da institución no período 2009-2010, asinada polo Secretario, José Otero Méndez, e a Presidenta, Josefa Pérez Santiago.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente"

Folleto que recolle a disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente" de Fernando Bayardo Bengoa no acto organizado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no Parafinfo da Universidad de la República con motivo do Día das Letras Galegas de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folletos de Misa

Folletos coa liturxia da Santa Misa editados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1924)
Carta anunciando a creación da sociedade (1918)
Carta de Vicente Peña á directiva (1986)
Carta enviada ao Arquivo da Emigración Galega (1998)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo"
Banderín
Insignia
Recorte de prensa

Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata

Carta enviada por Juan Rodríguez Rial

Carta enviada por Juan Rodríguez Rial o 03/04/1918 anunciando a creación da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservada en formato papel (fotocopias).

Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Díptico "Acto académico-musical de homenaje a Juana de Ibarbourou" (1963)
Boletín "Nós : Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos"

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Nós : Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos

Esta publicación pretende difundir os valores culturais, sociais e económicos de Galicia, así como estimular as iniciativas que tendan á súa plena valoración. Achega información sobre as distintas actividades organizadas pola propia entidade e outras asociacións galegas. Abórdanse, igualmente, temas variados como a emigración, a lingua e literatura, a economía, etc.

Números conservados en formato papel:

1964: xuño, outubro
1965: xaneiro, maio

Asociación uruguaya de hijos de gallegos

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos (1962)
Enquisa "Censo Cultural"
Tarxeta social
Boletín "Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Boletín Informativo"
Revista "Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades"

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Programa de actos das "Xornadas da Cultura Galega"

Programas de actos organizados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" con motivo das "Xornadas de Cultura Galega" celebradas en Montevideo nos anos:

  • 1966 (11ª)
  • 1967 (12ª)
  • 1968 (13ª)
  • 1969 (14ª)
  • 1970 (15ª)
  • 1971 (16ª)
  • 1972 (17ª)
  • 1974 (19ª)
  • 1975 (20ª)
  • 1976 (21ª)
  • 1977 (22ª)
  • 1978 (23ª)
  • 1979 (24ª)
  • 1980 (25ª)
  • 1983 (28ª)

Patronato da cultura galega de Montevideo

Convites á conferencia de Luisa Castro

Convite da "Embajada de España" e o "Instituto de Cooperación Iberoamericana" en colaboración co "Patronato da cultura galega de Montevideo" para asistir á conferencia da poetisa galega Luisa Castro titulada "Laberinto de lenguas, laberinto de culturas" na sede do padroado.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Guieiro : Órgao do Patronato da Cultura Galega

Esta revista informa das actividades do Patronato da Cultura Galega en Montevideo (autoridades, estatutos, visitas, campañas, etc.), predominando a súa orientación cultural, con numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua, á súa historia, á súa literatura, etc. Tamén reproduce colaboracións de intelectuais galegos, e sobre as relacións culturais de Galicia con Uruguai.

Números conservados en formato papel:

1ª Xeira
1965: n. 1
1966: n. 1-2
1968: n. 1
2ª Xeira
1984: n. 1-2
1985: n. 4-6
1986: n. 9-10
1987: n. 11-13
1988: n. 14/15
1989: n. 16/17
1992: [s.n.]
1993: [n.s.] febreiro
1997: maio
1998: febreiro; novembro
1999: xullo
2000: xuño
2001: marzo; decembro
2002: novembro
2004: outubro
2005: maio, novembro
2006: [n.s.] n. 1-2
2007: n. 1-2
2008: n. 1-2
2009: n. 1

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:
1985: n. 6 (adicado a Xesús Canabal Fuentes)
2007: n. 1-2
2008: n. 1

Patronato da cultura galega de Montevideo

Memoria y balance general

Memoria social publicada pola sociedade "Unión de sociedades gallegas del Uruguay".

Número conservado en formato papel:

12/08/1987-17/10/1989

Unión de sociedades gallegas del Uruguay

Results 61 to 80 of 119