DEREITO, ECONOMÍA E POLÍTICA

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos xerárquicos

        DEREITO, ECONOMÍA E POLÍTICA

        Termos equivalentes

        DEREITO, ECONOMÍA E POLÍTICA

          Termos asociados

          DEREITO, ECONOMÍA E POLÍTICA

            53 Descrición arquivística resultados para DEREITO, ECONOMÍA E POLÍTICA

            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-PaCulGa-07-01-01 · Subserie · 1959 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

            Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

            1959: n. 1
            1962: n. 2
            1965: n. 3
            1968: n. 4

            Padroado da cultura galega en México
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-11 · Unidade documental simple · 1930-07-28
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta de veciños de diversos barrios da parroquia de Lanzós (Vilalba) solicitando axuda económica á sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para construír unha casa-escola:

            • 1 acta da reunión dos veciños de varios barrios da parroquia de San Martiño de Lanzós enviada á sociedade "Progreso de Lanzós" para solicitar axuda económica para a construción dunha casa-escola no lugar de Montecelo. Adxuntan planos do proxecto escolar (28 de xullo de 1930) (5 páxinas mecanografadas)
            Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocCot · Fondo · 1942-03-04 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación:

            Conservada en formato dixital:

            Estatutos de 1943

            Conservada en formato papel e microfilme:

            Estatutos reformados o día 01/10/1944 (fotocopias)

            Conservada en formato microfilme e dixital:

            Acta de constitución da entidade do día 04/03/1942
            Correspondencia recibida (1942-1946)
            Correspondencia enviada (1942-1947)
            Fichas de ingreso de socios (1942-1963)
            Balances económicos (1943-1947)
            Memoria social do ano 1943

            Sociedad parroquias unidas de Cotovade
            Separata "Galiza existe e resiste"
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-PaCulGa-05-03-02 · Unidade documental simple · 1979
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "Galiza existe e resiste" de Xesús Ferro Ruibal publicado no número 13 da revista "Encrucillada".

            Patronato da cultura galega de Montevideo
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-IrGa-07-04-01 · Subserie · 1934 - 1961
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Esta publicación política de orientación nacionalista, foi editada pola Irmandade Galeguista d'o Uruguai, organización vinculada ao Partido Galeguista, como portavoz da mesma para divulgar e defender os seus postulados políticos, reproducindo a súa declaración de principios. No seu primeiro número inician unha campaña de subscrición de axuda ao partido, pedindo o voto e criticando os postulados de C. Sánchez Mosquera. Reproduce artigos dos seus principais líderes e outros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal, Pardo de Cela, defensa dunha escola galega, reprodución de colaboracións literarias, etc.). Denuncia a situación política española (especialmente na columna satírica «Fuchicadas»). Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas, etc.

            Números conservados en formato dixital:

            1ª época, 1934-1936
            2ª época, 1958-1961

            Números conservados en formato papel (fotocopias):

            2ª época:
            1958: n. 1
            1959: n. 2

            Irmandade galeguista d'o Uruguai
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-FaGaCe-05-03-01 · Unidade documental simple · 196?
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Manifesto do "Fato pra unha Galiza ceibe e socialista" no que explican os motivos da súa constitución e os seus obxectivos e convidan a participar no mitin que se celebrará na Patinoire de Xenebra o día 30/04, conservado en formato papel.

            Fato pra unha Galiza ceibe e socialista
            Manifesto
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CxBre-05-03-02 · Unidade documental simple · 196?
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega

            Conxunto artístico galego Breogán
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-01-01-03 · Unidade documental composta · 1938-1971
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Libro de Actas das reunións para as eleccións e tomas de posesión das Xuntas Directivas electas da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

            • Libro con 32 actas manuscritas dende o 20/12/1938 ata o 17/01/1971 (95 páxinas)
            Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
            La Unión Mañonesa
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UMañ · Fondo · 1909 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Este fondo contén a seguinte documentación:

            Conservada en formato papel (orixinal):

            Regulamento xeral (1912)
            Regulamento da Delegación de Mañón (1916)
            Diposicións para a orde interior do colexio (1918)
            Regulamento do Panteón (1957)

            Conservada en formato dixital e impreso:

            21 cartas entre a sociedade e a Delegación en Mañón (1923-1933)
            4 cartas entre a sociedade e a Delegación de Ortigueira (1926-1927)
            1 carta entre a sociedade e a sociedade "Luz de Riveras del Sor" (1926)
            1 carta entre a sociedade e a sociedade "Agrupación Artística Gallega" (1933)
            7 cartas relativas ao Cemiterio de Mañón (1925-1934)
            3 cartas entre a sociedade e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana (1926-1927)
            4 cartas entre a sociedade e a Directiva da Federación Agraria de Ortigueira (1926-1927)
            1 carta entre a sociedade e a Comisión Organizadora Pro-Monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado (1927)
            9 cartas entre a sociedade e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña (1926-1929)
            4 cartas recibidas (1926-1933)
            1 carta entre a sociedade e Julio Dávila (1930)
            1 carta entre a sociedade e José Zumalacárregui (1930)
            5 cartas enviadas (1926-1933)

            Conservada en formato dixital:

            Libro de rexistro de socios (1938-1947)

            La Unión Mañonesa
            Informe económico
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-CGalOl-05-05-01-01 · Unidade documental simple · 1981
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Informe das cuotas que deben pagar as sociedades membros da Federación Galega na Suiza, conservado en formato papel (fotocopias).

            Centro Galicia de Olten