Galicia

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

      Nota(s) de despregue

        Termos equivalentes

        Galicia

          Termos asociados

          Galicia

            1692 Descrición arquivística resultados para Galicia

            906 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-LGPam-03-01-02-02 · Unidade documental composta · 1996-10-30
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada por Begoña Gómez Hernández, Bibliotecaria da sociedade "Lar Gallego de Pamplona" o día 30/10/1996 a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega, en resposta á súa anterior no que enviaban unha enquisa e solicitude de información societaria.

            Adxuntan a enquisa, un número da revista vixente, que incorpora o programa de festas patronais en honor de Santiago Apóstolo e os Estatutos societarios.

            Lar Gallego de Pamplona
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-COr-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1992
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Secretario do "Centro Orensano de Montevideo", Jesús Vázquez Martínez, a Manuel Suárez Suárez para facerlles chegar as seguintes enquisas con información societaria:

            • "As Sociedades Galegas no Mundo"
            • Censo Cultural, "Medios de Comunicación"
            • Censo Cultural, "Entidades"
            Centro Orensano de Montevideo
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-GGAa-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1981
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Vocal de Cultura do Grupo Galego de Aarau, Pere Barrufet-Couñago, á asociación Galicia Hoxe de Xenebra o día 24/03/1981, en resposta á súa circular do día 20, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración, conservada en formato papel.

            Grupo Galego de Aarau
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-UHMor-03-01-02-02 · Unidade documental composta · 1998
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada pola sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" a Marcelino X. Fernández Santiago, coordinador do Arquivo da Emigración Galega o 12/11/1998, para facerlle chegar información societaria e o seguinte material:

            • Estatutos
            • Banderín
            • Pin
            Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-CG-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1996
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).

            Adxunta á carta documentación relativa ao Centro:

            • Escudo
            • Estatutos vixentes
            • 14 números da revista "Anduriña"
            Centro Gallego de México, A. C.
            Carta enviada a Pilar Cagiao Vila
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-Puent-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 2002
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada o 23/07/2002 por José Francisco Borges López, Presidente de "Puentedeume y su Partido. Sociedad Española de beneficencia y recreo" a Pilar Cagiao Vila, Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

            Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo
            Carta enviada á RTVG
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-HO-GAiri-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1993
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Presidente do Grupo folklórico Airiños da Terra de Rotterdam, J.P. Rey Landeira, ao Servizo co Exterior da Radio Televisión de Galicia, o 28/05/1993, conservada en formato papel.

            Grupo folklórico Airiños da Terra
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AL-CGHan-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1994
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).

            Centro Gallego de Hannover
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-FR-CGMar-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 19??
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).

            Centro Gallego de Marsella
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-VEN-HPEst-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1997
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Presidente, Ramón Pérez, e o Secretario, José Porto, do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" a María Xosé Rodríguez Galdo, do Consello da Cultura Galega, para facerlle chegar información sobre a historia da sociedade, conservada en formato papel.

            Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BE-CG-03-01-02-01 · Unidade documental composta · 1991
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta asinada polo Secretario, Xosé Pérez Ríos, e o Presidente, Miguel Palomo López, do "Centro Gallego de Bruselas", enviada o 11/04/1991 ao Consello da Cultura Galega, en resposta á súa solicitude de información, remitindo documentación societaria, conservada en formato papel.

            Centro Gallego de Bruselas
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-LGPam-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1996-07
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.

            Lar Gallego de Pamplona
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-IrGaSu-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1982
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada aos centros galegos na Suiza pola Irmandade Galega na Suiza, na que indican os puntos tocados na ponencia celebrada no 2º congreso da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) o 03/04/1982, conservada en formato papel.

            Irmandade Galega na Suiza
            Carta enviada aos socios
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-SU-GaHoxe-03-01-02-02 · Unidade documental composta · 199?
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

            Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CGaPon-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1996
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada polo Presidente do "Centro Galicia de Ponferrada", Eloy Fernández Gómez, o día 8 de xullo de 1996, adxuntando o programa dos actos a celebrar na Romaría da Cruz de Ferro o 28 de xullo de 1996, con motivo do Patrón, Santiago Apóstol, conservada en formato papel.

            Centro Galicia en Ponferrada
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-UHMor-03-01-02-01 · Unidade documental simple · 1918
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada por Juan Rodríguez Rial o 03/04/1918 anunciando a creación da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata", conservada en formato papel (fotocopias).

            Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-UR-UHMor-03-01-01-01 · Unidade documental simple · 1986
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Carta enviada por Vicente Peña Saavedra, do Departamento de Pedagoxía Sistemática da Universidade de Santiago de Compostela, a Joaquín Alonso, da sociedade "Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata" o 26/06/1986, para agradecerlle a súa carta previa e pedirlle información sobre as súas escolas e sobre outras entidades uruguaias.

            Unión Hijos de Morgadanes residentes en el Plata
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UTrives-03-01-01-01 · Unidade documental simple · 1933 -
            Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

            • Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
            • Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.
            Unión Trivesa