Mostrando 41 resultados

Descripción archivística
Libro de rexistro de socios
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-03-02-01-02 · Unidad documental simple · 1965-1984
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Libro de rexistro de socios da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital:

  • Libro de rexistro de 1965 ata 1984 (8 páxinas)
Sin título
Libro de caixa
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-04-01-01 · Unidad documental simple · 1913 -1933
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Libro de contabilidade da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital:

  • Libro de caixa-tesourería número 1, que abrangue dende o 1 de xuño de 1913 ata o 3 de maio de 1932 (27 follas)
Sin título
Informes de caixa
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-04-02-01 · Unidad documental compuesta · 1927-1937
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

PDF con varios informes de caixa da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservados en formato dixital e impreso:

  • 8 Balances dos movementos de tesourería (1927-1934)
  • 2 informes anuais de tesourería (1927-1928)
  • 6 Informes de contaduría (1927-1937)
  • 1 inventario de propiedades da entidade habaneira (1934)
  • 1 informe cos cobros polo aluguer de varias propiedades (1936)
  • 2 cheques bancarios de envíos de cartos a Lanzós
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-01 · Unidad documental simple · 1929-11-24
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:

  • Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós (24 de novembro de 1929) (1 páxina mecanografada)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-02 · Unidad documental compuesta · 1927-1930
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

18 copias das actas de reunións do Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para manter informada a sociedade matriz sobre as súas actividades a prol do ensino na súa parroquia natal (dixital) (28 páxinas):

  • Acta do 13 de marzo de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e con nota manuscrita)
  • Acta do 20 de abril de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Acta do 1 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Acta do 11 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Acta do 12 de xuño de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil). Esta acta foi enviada xunto cunha carta do presidente explicando o devir dos proxectos da entidade habaneira (carta de 2 páxinas, mecanografada).
  • Acta do 10 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Acta do 18 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Acta do 18 de marzo de 1928 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas mecanografadas e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
  • Copia da acta do 15 de decembro de 1929 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Copia da acta do 16 de febreiro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Copia da acta do 20 de marzo de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Acta do 11 de maio de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (3 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Acta do 24 de agosto de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Acta do 3 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo secretario, Eduardo Cillero)
  • Acta do 14 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Copia da Acta do 3 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (4 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
  • Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-03 · Unidad documental compuesta · 1928-1930
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):

  • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
  • 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
  • 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
  • 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
  • 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
  • Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
  • 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-05 · Unidad documental simple · 1929-07-15
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Certificado onde consta que o presidente do Consello de Instrución de Lanzós ten os poderes para xestionar todos os proxectos da entidade habaneira na súa parroquia natal:

  • 1 Certificado do presidente de "Progreso de Lanzós", Antonio Tenreiro Piñeiro que concede poder xeral ao presidente do Consello de Instrución de Lanzós, Crisanto García para alugar a planta baixa do edificio da casa-escola de Lanzós da súa propiedade (15 de xullo de 1929) (1 páxina mecanografada)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-09 · Unidad documental simple · 1930-12-12
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:

  • 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 12 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-11 · Unidad documental simple · 1930-07-28
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Carta de veciños de diversos barrios da parroquia de Lanzós (Vilalba) solicitando axuda económica á sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para construír unha casa-escola:

  • 1 acta da reunión dos veciños de varios barrios da parroquia de San Martiño de Lanzós enviada á sociedade "Progreso de Lanzós" para solicitar axuda económica para a construción dunha casa-escola no lugar de Montecelo. Adxuntan planos do proxecto escolar (28 de xullo de 1930) (5 páxinas mecanografadas)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-16 · Unidad documental compuesta · 1931-1936
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

PDF coa correspondencia mantida entre a sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" e os veciños da parroquia sobre a construción da estrada de Ramil (5 cartas):

  • Carta dun grupo de veciños dos lugares de Aponte, Ramil, Escairo, Escairo do Monte, Caldas, Rego e Rivado solicitando axuda económica á entidade habaneira para a construción da estrada de Ramil (1 páxina mecanografada, asinada polos veciños) (25 de agosto de 1931)
  • Carta de agradecemento polo envío de 2500 pesetas para o proxecto da estrada de Ramil (1 páxina mecanografa e asinada) (29 de decembro de 1931)
  • Carta informando dos adiantos da construción da estrada e agradecendo de novo o envío de cartos para tal fin (1 páxina mecanografada e asinada) (18 de xuño de 1932)
  • Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos da sociedade habaneira (2500 pesetas) (1 páxina mecanografada e asinada) (7 de decembro de 1932)
  • Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos (2000 pesetas) da sociedade habaneira (1 páxina manuscrita e asinada) (3 de xullo de 1936)
Sin título
Reglamento general
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-02-02-03-01 · Unidad documental simple · 1934-05-10
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Regulamento da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital e orixinal:

  • Regulamento social aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 3 de maio de 1934 (20 páxinas)
Sin título
Correspondencia enviada
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-03-01-02-01 · Unidad documental compuesta · 1927-1937
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida con diversas asociacións e cos seus asociados, ademais dos seus conveciños en Galicia:

  • Sindicato "Juventud Agraria" de San Salvador e San Martín de Lanzós
  • "Unión de San Simón y Samarugo"
  • Club O Acebo de Cangas de Tineo
  • Embaixada de España en Cuba
  • Cruz Vermella Española en Cuba
  • "Comité de Auxilio Pro Repatriación de Emigrantes Españoles"
  • "Instituto de Estudios Gallegos"
  • Casino de Vilalba, Sociedade Recreativa
  • Comité Federativo das Sociedades de Instrucción, Beneficencia e Recreo do Partido Xudicial de Vilalba
  • "Unión Villalbesa y su Comarca"
  • "Asociación de Propietarios, Industriales y Vecinos de Medina y Príncipe"
  • Unión Barcalesa
  • "Juventud Sporting Club" de Lanzós
  • "Club Gijonés de La Habana"
  • "Hijos de Goiriz"
  • "Hijos de Galicia" de Cárdenas
  • "Asociación Nacional de Enfermeras y Alumnas de la República de Cuba"
  • "Liga Santaballesa"
  • "La Aurora de las Somozas"
  • "Comisión Central Pro-Monumento a Marti"
  • "Club Luarqués da Habana"
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-04-02-03 · Unidad documental simple · 1932
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

1 informe da contabilidade da delegación da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" en Galicia correspondente ao ano 1932 e primeiro trimestre do 1933, conservado en formato dixital, asinado polo apoderado César Rodríguez e o tesoureiro José Carballeira (3 follas manuscritas. É copia do orixinal)

Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-07 · Unidad documental simple · 1933-02-15
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Contrato de arrendamento do local para a escola de Lanzós en Vilalba:

  • 1 copia do documento notarial co contrato entre o delegado de Progreso de Lanzós en Vilalba, César Rodríguez Díaz, crego da parroquia e o alcalde de Vilalba, para o alugueiro da primeira planta do edificio que a entidade habaneira ten na súa parroquia natal e que terá uso escolar (15 de febreiro de 1933) (3 páxinas mecanografadas)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-08 · Unidad documental simple · 1930-09-04
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Contrato laboral dun mestre para a escola de Lanzós en Vilalba creada e sostida pola entidade habaneira "Progreso de Lanzós":

  • 1 copia do contrato feito polo Consejo de Instrucción de Lanzós, delegación da entidade habaneira, co mestre Gervasio Pernas Anido, como profesor de primeiro ensino durante o curso escolar de 1930-31 (4 de setembro de 1930) (1 páxina mecanografada)
Sin título
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-12 · Unidad documental simple · 1927-05-27
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Inventario do mobiliario e material existente no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:

  • Relación dos enseres e materiais existentes no edificio mandado construír pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todos os materiais e da edificación (27 de maio de 1927) (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente e secretario da delegación da entidade habaneira en Lanzós)
Sin título