Unidade documental simple 12 - Inventario do mobiliario e enseres do edificio "Progreso de Lanzós" (Vilalba)

Open original Obxecto dixital

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-12

Título

Inventario do mobiliario e enseres do edificio "Progreso de Lanzós" (Vilalba)

Data(s)

  • 1927-05-27 (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental simple

Volume e soporte

Inventario do mobiliario e material do edificio propiedade da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós"

Área de contexto

Nome do/a creador/a

(1913-04-01 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Inventario do mobiliario e material existente no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:

  • Relación dos enseres e materiais existentes no edificio mandado construír pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todos os materiais e da edificación (27 de maio de 1927) (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente e secretario da delegación da entidade habaneira en Lanzós)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital e reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e escritura

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución que ten a súa sede no antigo Palacio do Centro Galego da Habana.

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, na súa sede da Cidade da Cultura

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso / Descritores

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

AE CU PrLanz

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Obxecto dixital (Master) área de dereitos

Obxecto dixital (Referencia) área de dereitos

Obxecto dixital (Miniatura) área de dereitos

Área de acceso