Amosando 6663 resultados

Descrición arquivística
1127 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais
Anuario
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-Toxos-07-05-01 · Subserie · 2009 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Anuario editado pola A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas.

Números conservados en formato papel:

  • Curso 2009-2010
  • Curso 2010-2011
Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-LGSev-07-01-01 · Subserie · 1962-05-01 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Revista societaria editada coa finalidade de dar a coñecer a toda a colectividade galega residente en Sevilla as distintas actividades desenvolvidas pola entidade, acordos da xunta directiva, balance económico, memorias anuais, etc. (sección «A vida no lar»). Pretende ademais achegar os socios á cultura e á realidade de Galicia, con páxinas literarias (lendas, poesías), traballos sobre a lingua galega, descrición de cidades e comarcas, gastronomía, personalidades galegas, notas de actualidade e deportivas, etc. Inclúe tamén informacións de carácter máis xeral como artigos sobre saúde e a cultura andaluza.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-2
1990: n. 3-4
1991: n. 5-6, 8
1992: n. 9-10
1993: n. 11-14
1994: n. 15-18
1995: n. 19-22
1996: n. 23-24
1997: n. 26-28
1998: n. 29-32
1999: n. 33-36
2000: n. 37-40
2001: n. 41-44
2002: n. 45-48
2003: n. 49-51
2004: n. 52-53
2005: n. 55-57
2006: n. 58-59
2009: n. 68-69
2010: n. 70

Lar Gallego de Sevilla
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-USA-CEOC-07-01-01 · Subserie · 1991 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación societaria foi editada pola Peña de Galicia de California coa finalidade de informar aos seus socios das súas actividades e achegar Galicia aos galegos residentes en Estados Unidos. Contén principalmente noticias sobre o labor realizado por esta entidade e os seus membros («Falar da nosa Peña», «Sociedad»), información dos acontecementos da Galicia actual e, en menor medida, outros contidos como literatura galega, receitas de cociña («La cocina en Anduriña»), humor, pasatempos e cultura popular.

Números conservados en formato papel:

1992: n. 3-4
1993: n. 5
1994: n. 7-8
1995: n. 9
1996: n. 10
2000: n. 13
2001: n. 14
2003: n. 16

Peña Gallega del C.E.O.C
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-CG-07-01-02 · Subserie · 1984 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación societaria está editada como voceiro oficial do Centro Gallego de México, coa finalidade de recoller as diversas actividades sociais e culturais desenvolvidas polo mesmo, así como artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, pretendendo achegar aos galegos residentes en México as novas da colectividade e do que acontece na súa terra.

Números conservados en formato papel:

1ª época
1984: n. 41
1985: n. 43-44

2ª época
1990: n. 1-3; 5
1991: n. 6-10
1992: n. 14
1994: n. 20
1995: n. 23
1996: n. 24-25
2002: n. 39-40
2003: n. 41, 43
2004: n. 44, 46-47
2005: n. 49-51
2006: n. 53 (maio)
2009: n. 61, 63

Número conservado en formato papel (fotocopias):

2003: n. 42

Número conservado en formato facsímil ou dixital:

2016: n. 77

Centro Gallego de México, A. C.
Andaina
ES. GA 15078 ACCG CDIF-MFOG-AND · Fondo · 1985 - 2014
Parte de Fondos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)

Contén documentación correspondente á revista Andaina e á organización Andaina de Mulleres.

  • Formatos: carteis, chapas, correos electrónicos, documentos dixitais, fotolitos, polípticos, tarxetas, trípticos.
  • Tipoloxía: bonos, cartas, comunicados, convites, documentación administrativa, enquisas, entrevistas, formularios, fotografías, informes, manifestos, mapas, multa, prensa, programas, publicidade.
Andaina
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CGBA-07-01-03 · Subserie · 1988-
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación está dirixida ao corpo médico do Centro Gallego. Os seus contidos están centrados no mundo da medicina, informando sobre congresos, bibliografía, novos tratamentos e descubrimentos científicos.

Número en papel: 1989: n. 2 (outubro)

Centro Gallego de Buenos Aires