Amosando 6653 resultados

Descrición arquivística
1119 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais
Unión Trivesa
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UTrives · Fondo · 1921-06-12 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1921-1923)
Libro copiador das Actas das Xuntas Directivas e Xeral (1923-1927)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1928-1940)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1921-1923)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1928-1940)
11 cartas e 5 anexos

Conservada en formato papel e dixital:

Regulamento (1928) (orixinal)

Conservada en formato papel:

Regulamento (1941) (orixinal)
Regulamento (1984) (fotocopias)

Conservada en formato dixital:

Escritura de rexistro da propiedade do Panteón (1986)
Libro de rexistro de socios (1921-1929)
Libro de caixa (1924-1927), incompleto
Libro de caixa (1939)
1 recibo
3 modelos
11 fotografías

Unión Trivesa
Unión Villalbesa
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-UVill · Fondo · 1938-1943
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato microfilme e dixital:

Correspondencia da sociedade durante os anos 1941-1952
Ficheiros de socios da sociedade dos anos 1953-1959

Unión Villalbesa
Unión Villalbesa y su Comarca
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-UVill · Fondo · 1909-08-12 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1963)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1963-1997)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1997-2004)
Regulamento xeral (1936)

Conservada en formato papel (orixinal):

Modelo de recibo de cobro

Conservada en formato dixital:

1 libro de rexistro e 3 documentos relativos ao Panteón
2 solicitudes de inscrición e 7 listaxes de socios
Libro de tesourería (1948-1952)

Unión Villalbesa y su Comarca
Vagalume
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CGBiz-07-01-01 · Subserie · 1981 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.

Número conservado en formato papel:

1981: n. 0

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-01-01-05 · Unidade documental composta · 1923-1939
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

PDF con 8 folletos coas candidaturas á elección da Xunta Directiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservados en formato dixital e fotocopia:

8 documentos impresos coas seguintes datas:

  • Candidatura oficial para o exercicio 1923-24 (1 páxina)
  • Candidatura oficial para o exercicio 1930-31 (1 páxina)
  • Candidatura oficial para o exercicio 1932-33 (1 páxina)
  • Candidatura oficial para o exercicio 1933-34 (1 páxina)
  • Candidatura oficial para o exercicio 1934-35 (1 páxina)
  • Comunicado oficial do triunfo da candidatura oficial para o exercicio 1933-34, no que resultou electo como presidente Rosendo González Otero (20/12/1933) (1 páxina)
  • Carta mecanografada onde constan os membros da candidatura electa para o ano 1935 (1 páxina)
  • Candidatura oficial para o período de 1939 (1 páxina)
Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocParVed-07-02-01 · Subserie · 1993-03-01-
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Publicación societaria que informa das actividades e dos fins da entidade editora para informar da actualidade nesta comarca; conta tamén con artigos divulgativos, informacións de interese para os emigrantes, traballos sobre Galicia e o concello de Vedra, páxinas de entretemento e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

Orixinal:

1993: n. 4
1994: n. 5-6, 8
1995: n. 9-10
1996: n. 12, 14
1997: n. 16, 17
1998: n. 18-19
1999: n. 20
2000: n. 21-22
2001: n. 23-24
2002: n. 25-27
2003: n. 28-29
2004: n. 30
2005: n. 31
2006: n. 34
2009: n. 37

Fotocopia:

1993: n. 1-4
1994: n. 5-8
1995: n. 9-11
1996: n. 12-14
1997: n. 15

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-FECGC-07-01-01 · Subserie · 1993 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta revista cultural pretende «recolle-las inquedanzas dos galegos a través dos distintos Centros e Sociedades culturais e interrelacionarnos e propiciar un maior coñecemento da nosa cultura, da nosa historia e da nosa sociedade». Contén información sobre a colectividade galega en Cataluña e as súas sociedades, noticias sobre Galicia, e outras colectividades emigradas. Complétase con artigos sobre cultura galega en xeral: literatura, arte, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 0
1994: n. 1
1995: n. 2
1996: n. 3
2001: n. 8
2002: n. 9
2003: n. 10
2004: n. 11
2005: n. 12
2007: n. 14

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HACar-07-02-01 · Subserie · 1934-
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15
Hijos del ayuntamiento de Carnota
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-BNatG-07-02-01 · Subserie · 1938 - 1954
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta publicación foi o voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia desde 1938 e ata 1954, e estivo dirixido por Antonio do Campo de la Fuente. Podemos encadrala como prensa societaria onde se describen as actividades da institución patrocinadora, completadas con diversos artigos sobre a historia, literatura e cultura galegas. Moitos deses artigos estiveron asinados por destacados literatos como María Pérez Gago, Antonio Rey, Ramón Fernández Mato, Rosalía de Castro, Manuel Carmona, Francisco Marcos Raña, Josefina Camaño, Ramón M.ª del Valle-Inclán, E. Fernández Arrondo, José Rubianes, José Ramón Suárez Castiello, Ramón Marcote Miñarzo (Marco Aurelio), José López Pérez, Mouriño ou A. do Campo.

Números conservados en formato papel:

1938: n. 7 (extraordinario)
1939: n. 20 (extraordinario)
1940: n. 32 (extraordinario)
1941: n. 37/38 (extraordinario), n. 41 (extraordinario)
1942: n. 47, 49 (extraordinario)
1943: n. 59/61 (extraordinario)
1944: [s.n.] (extraordinario)
1945: n. 74/75 (extraordinario, supl.)

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-MEX-PaCulGa-07-01-01 · Subserie · 1959 -
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

1959: n. 1
1962: n. 2
1965: n. 3
1968: n. 4

Padroado da cultura galega en México
Vigo en Buenos Aires
ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-RVig-07-01-01 · Subserie · 1968-1993
Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

A Asociación Mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires, fundada en 1918, edita dúas publicacións con motivo do seu 50º e 75º aniversario fundacional. As revistas inclúen artigos referidos á Sociedade e a súa historia, programas de actos e unha descrición das actividades realizadas pola institución e destaca datas conmemorativas de Galicia como o Día de Galicia, Día das Letras Galegas, Dia do Estatuto, etc. Contén ademais informacións sobre a situación actual de Vigo e Galicia, e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1968: Cincuentenario (44 páxinas)
1993: Bodas de diamante (104 páxinas)

Asociación mutualista Residentes de Vigo