Migracións

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) sobre el alcance

    Nota(s) sobre el origen

      Mostrar nota(s)

        Términos jerárquicos

        Migracións

        Término General ARTE E HISTORIA

        Migracións

        Términos equivalentes

        Migracións

          Términos asociados

          Migracións

          2661 Descripción archivística resultados para Migracións

          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ResFor-07-01-01 · Subserie · 1923-
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta revista foi o órgano oficial da sociedade editora para informar do seu labor societario. Contén ademais artigos de carácter político sobre a situación galega cunha clara orientación republicana e autonomista e aparecen colaboracións literarias e artigos divulgativos. Inclúe tamén artigos sobre a actualidade da comarca («Noticias de Forcarey») e novas sociais.

          Número conservado en formato papel (fotocopias):

          • 1935: n. 148
          Sin título
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-FRTeo-07-01-03 · Subserie · 1910-05-15 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta revista societaria está editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo para informar da vida interna destas asociacións e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan (Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou, etc.). Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca recollidas en numerosas seccións co nome de «Crónicas» ou «Informaciones», onde se aborda a problemática local desde postulados agraristas, denunciando as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.

          Números conservados en formato papel (fotocopias):

          1927 (n. 206)
          1929 (n. 230, 235)
          1930 (n. 236, 238, 241-247)
          1931 (n. 249-259)
          1932 (n. 271-271 bis)
          1933 (n. 272-283)
          1934 (n. 284-295)
          1935 (n. 296-300, 302-307)
          1936 (n. 308-314)
          1943 (n. 400-401)
          1955 (n. 512-513)
          1956 (n. 516-517)
          1957 (n. 519, 521-522)
          1962 (n. 535)
          1965 (n. 539)
          1971 (n. 543)
          1973 (n. 545)

          Números conservados en formato facsímil ou dixital:

          1951: n. 491/492
          1952: n. 500
          1953: n. 503, 505
          1954: n. 507-508, 510
          1955: n. 514
          1956: n. 515

          Sin título
          Separata
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocBan-02-04-01-05 · Unidad documental simple · 1997
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Separata: Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio : un proxecto innovador da Sociedade Pro Escuelas en Bandeira / Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez en "Estudios Migratorios", número 4 (dec. 1997), pp. 117-143

          Sin título
          Programa "Gran Festival"
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocBan-05-02-01-01 · Unidad documental simple · 1931-15-16
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Programa coas letras das cancións a interpretar no Gran Festival do día 16/05/1931, organizado pola "Sociedad pro-escuelas en Bandeira" (1 páxina)

          Sin título
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-SocBan-07-04-02 · Subserie · 1913-02-05 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.

          Números conservados en formato papel (fotocopias):

          -1913: n. 1

          Sin título
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ConGa-02-02-01-01 · Unidad documental compuesta · 1961 - 1969
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Libro de actas das reunións do "Consello de Galiza" dos anos 1961-1969, conservado en formato microfilme:

          • 1961: n. 1, 1 de novembro; n. 2, 6 de decembro
          • 1962: n. 3, 12 de xaneiro; n. 4, 26 de xaneiro; n. 5, 22 de febreiro; n. 6, 6 de abril; n. 7, 26 de abril; n. 8, 24 de maio; n. 9, 28 de xuño; n. 10, 3 de agosto; n. 11, 9 de setembro; n. 12, 27 de setembro; n. 13, 25 de outubro; n. 14, 30 de novembro; n. 15, 27 de decembro
          • 1963: n. 16, 28 de febreiro; n. 17, 11 de marzo; n. 18, 25 de abril; n. 19, 24 de maio; n. 20, 12 de xullo; n. 21, 1 de agosto; n. 22, 5 de agosto; n. 23, 30 de agosto; n. 24, 29 de outubro; n. 25, 9 de decembro; n. 26, 27 de decembro
          • 1964: n. 27, 10 de xaneiro; n. 28, 20 de febreiro; n. 29, 13 de marzo; n. 30, 25 de abril; n. 31, 29 de maio; n. 32, 20 de xullo; n. 33, 25 de novembro; n. 34, 15 de decembro
          • 1965: n. 35, 28 de xaneiro; n. 36, 25 de febreiro; n. 37, 25 de marzo; n. 38, 6 de maio; n. 39, 10 de xuño; n. 40, 7 de xullo; n. 41, 9 de agosto; n. 42, 12 de agosto; n. 43, 30 de setembro; n. 44, 26 de outubro; n. 45, 18 de novembro
          • 1966: n. 46, 5 de marzo; n. 47, 11 de abril; n. 48, 24 de agosto; n. 49, 30 de setembro; n. 50, 18 de novembro; n. 51, 17 de decembro
          • 1967: n. 52, 4 de abril; n. 53, 19 de maio; n. 54, 22 de xuño; n. 55, 16 de agosto; n. 56, 30 de outubro
          • 1968: n. 57, 13 de marzo; n. 58, 28 de maio; n. 59, 19 de agosto; n. 60, 3 de setembro; n. 61, 9 de setembro
          • 1969 (sen numerar): 3 de febreiro; 7 e 24 de marzo.

          A parte correspondente aos anos 1961-1962 e 1968, se conserva tamén en formato papel (fotocopias) e dixital:

          • Como introducción un informe no que desenvolven o ideario e as actividades do Consello
          • 1961: n. 1, 1 de novembro; n. 2, 6 de decembro
          • 1962: n. 3, 12 de xaneiro; n. 4, 26 de xaneiro; n. 5, 22 de febreiro; n. 6, 6 de abril
          • 1968: n. 61, 9 de setembro
          Sin título
          Correspondencia enviada
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ConGa-03-01-02-01 · Unidad documental compuesta · 1951 - 1954
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Correspondencia enviada polo "Consello de Galiza" en Bos Aires a diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

          Sin título
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-ConGa-07-02-01 · Subserie · 1963 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Este boletín editado polo Consello de Galiza ten a finalidade de difundir as ideas defendidas por esta entidade política e expoñer os propósitos dos seus membros en materia de acción política, cultural e patriótica con referencia a Galicia. Inclúe ademais información sobre as actividades organizadas polo Consello de Galiza e as súas delegacións noutros países.

          Números conservados en formato papel (fotocopias):

          • 1963: agosto; setembro-outubro
          • 1965: febreiro
          • 1966: xaneiro
          • 1967: novembro
          Sin título
          Centro Gallego de La Plata
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CGPla · Fondo · 1949-08-10 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

          Estatutos da sociedade (1994)
          2 cartas enviadas ao Consello da Cultura Galega nos anos 90
          1 boletín societario

          Sin título
          Os Carballos
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-CGPla-07-02-01 · Subserie · 1995-01-01 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Esta publicación foi editada desde 1995 coa finalidade de informar das actividades sociais do Centro Gallego e de servir de nexo de unión entre a institución e os socios. A maior parte dos contidos redúcense a informar sobre a vida interna da entidade e dar conta das diversas actividades; nun segundo plano aparecen noticias de Galicia, páxinas gastronómicas e colaboracións literarias.

          Conservados en formato papel:

          • 1995: n. 1-2
          • 1996: n. 3-5
          • 1997: n. 6, 8
          • 1999: n. 9
          • 2000: n. 10
          Sin título