1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:
- Inventario e balance xeral de tesourería a 6 de febreiro de 1917, no que aparecen o capital pasivo, activo e o líquido (propiedades e cartos en efectivo) que posúe a sociedade. Informe asinado polo tesoureiro, Ramón Gato; o contador e o vicepresidente, Bernardo González. Este documento foi elaborado para ser presentado no Goberno da provincia da Habana, segundo a lei de asociacións e asinado a 7 de febreiro polo gobernador. (2 páxinas)