América

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Termos equivalentes

América

Termos asociados

América

1285 Descrición arquivística resultados para América

Só resultados directamente relacionados

Albatroz : Periódico del gremio espanhol

Esta publicación societaria está editada polo Gremio Espanhol de Belo Horizonte, integrado maioritariamente por galegos e os seus descendentes. Ten a finalidade de informar sobre as súas actividades, así como dos diversos servizos ofrecidos aos seus socios, as axudas á comunidade inmigrante, etc. Tamén conta con reportaxes sobre lugares de Galicia e de España, deportes, actividades festivas e lúdicas no centro, etc.

Números conservados en formato papel:

2001: n. 63-66
2002: n. 69-72
2003: n. 73-78
2004: n. 79-81
2005: n. 82-85
2009: n. 94, 96
2010: n. 97-99

Grêmio espanhol de socorros mútuos e instrução

Airiños : Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Esta revista foi editada pola Casa de Galicia para informar sobre diversos aspectos da institución, e conta ademais con numerosas colaboracións de importantes personalidades que ofrecen a través dos seus escritos unha clara orientación cultural da revista, con diversas achegas á historia, xeografía, costumes, literatura, etc. de Galicia e a súa influencia en América. Aparecen tamén relatos literarios e numerosas poesías.

Números en microfilme:

1944: n. 1-2
1945: n. 3-5
1947: n. 7
1948: n. 8
1949: n. 9
1950: n. 10-11
1951: n. 12
1954: n. 13
1955: n. 14-15

Número en papel:

1983: n. 50º aniversario (72 páxinas)

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Agarimo

Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.

Número fotocopiado:

1957: n. 1

Hogar gallego para ancianos

Adiante : Orgao das Mocedades galeguistas

Esta publicación de carácter político foi editada para informar das actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia, desde postulados nacionalistas e republicanos, criticando a súa situación política e económica nas seccións «Da Galiza asoballada» e «O Fungueiro» (notas críticas da actualidade galega e da colectividade).

Números orixinais:

1954: n. 1-3
1955: n. 4

Número fotocopiado:

1956: n. 5

Irmandade galega de Buenos Aires

Actuacións musicais

6 programas de actuacións (fotocopias):

  • Salón Lago di Como, de Cangallo 1756
  • Salón Casa Suiza, de Rodríguez Peña 254 (09/07/1938)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (14/09/1940)
  • Teatro Avenida, de Avenida de Mayo 1218/28 (02/12/1942)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (25/04/1952)
  • Salón Centro de Almaceneros, de Luis Sáenz Peña 242 (11/10/1956)

Coral galega Os Rumorosos

Actos programados para 2002

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de abril e maio de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Actos programados para 1997

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de xullo e agosto de 1997, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Acta de fundación

Acta fundacional da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" do día 14/08/1921, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño

Resultados 1221 a 1240 de 1285