Galicia

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Termos equivalentes

Galicia

Termos asociados

Galicia

869 Descrición arquivística resultados para Galicia

Só resultados directamente relacionados

Carta enviada á Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas

Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Hannover

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola "Asociación Cultural Gallega O Pote", de Helmond, Holanda, por iniciativa do Consello da Cultura Galega (26/11/1998), conservada en formato papel.

Asociación Cultural Gallega O Pote

O Pote

Este boletín informativo foi editado pola asociación cultural do mesmo nome e centra as súas páxinas primordialmente en dúas temáticas: a organización e a vida interna da sociedade e diferentes informacións de interese para os emigrantes como a lexislación sobre seguridade social, viaxes a Galicia, etc.

Números conservados en formato papel:

1988: maio
1993/1994: decembro/xaneiro
1994: febreiro/abril
1995: abril/maio; setembro/novembro
1997: febreiro/marzo
2000: abril/xullo
2001: febreiro-xullo
2001/2002: octubre/xaneiro
2003: xaneiro/abril, abril/xullo

Asociación Cultural Gallega O Pote

Tarxeta societaria

Tarxeta societaria de José Rodríguez Gutiérrez, Presidente da Casa de Galicia de Bruselas, co emblema societario, conservada en formato papel.

Casa de Galicia de Bruselas

Documentación relativa a actividades culturais

Documentación relativa a actividades culturais, conservada en formato papel:

  • Recorte de prensa sobre a exposición pictórica de Ricardo Morales e Pilar Carnicer
  • Recorte de prensa sobre a revista "A nosa voz" (05/04/1987)
  • Recorte de prensa sobre a revista "A nosa voz" e sobre un programa de radio
  • Recorte de prensa sobre a conferencia celebrada no marco das eleccións ao Parlamento Europeo (25-28/06/1987)
  • Recorte de prensa sobre a actuación do cantautor Jei Noguerol (15-18/10/1987)
  • Recorte de prensa sobre o intercambio entre os centros galegos de Londres e Bruxelas (27-29/11/1990)
  • 3 recortes de prensa, 1 cartaz e 1 folleto relativos á inauguración do local "La Tentation", a festa da amizade e Santiago en Bruselas 2000

Centro Gallego de Bruselas

Recortes de prensa relativos a actividades realizadas

3 recortes de prensa relativos a actividades realizadas polo "Centro Galego de Bruselas", conservados en formato papel:

  • Recorte de prensa sobre o centro (06-09/07/1985)
  • Recorte de prensa sobre as actividades do ano 1985 (05/01/1986)
  • Recorte de prensa sobre o ingreso do Presidente do Centro, Miguel Palomo López, na "Enxebre Orden da Vieira" (26/02/1987)

Centro Gallego de Bruselas

El Sol de Bélgica : la revista en español de la capital de Europa

Esta revista está editada para mantener informada á colonia española residente en Bélxica sobre as distintas actividades culturais e de ocio que poden desfrutar na cidade de Bruxelas; tamén en colaboración co Centro Gallego desta cidade aparecen unhas páxinas dedicadas ás súas actividades, con pequenas reportaxes sobre Galicia e a súa cultura, gastronomía, festas, etc. Conta con diversas seccións como «Vida Asociativa», «Gente», «Turismo», «No se lo pierda», «Guía del Ocio», «Música», «Reportaje» sobre actos culturais, escritores ou persoeiros españois e belgas, etc.

Números conservados en formato papel:

1995: n. 11
1996: n. 17, 22
1997: n. 33, 38, 45, 50
1998: n. 56, 63
2001: n. 131

Centro Gallego de Bruselas

Carta enviada ao Centro Galego de Bruselas

Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Marsella", José Calvo González, ao Presidente do "Centro Gallego de Bruselas", relativa a unha xuntanza de asociación de galegos en Europa próxima a celebrarse en París, na que explica as actividades desenvolvidas polo Centro e o seu interese en integrarse na XOGE, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Marsella

Centro Gallego de París

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos
Programa de actividades organizadas pola inauguración dunha sala

Centro Gallego de París

Boletín Casa de Galicia

Esta publicación de carácter político foi editada pola Casa de Galicia de París, coa pretensión de difundir as ideas nacionalistas, centrándose en moitas ocasións no problema da lingua galega. Complétase con novas de carácter artístico e literario e información deportiva.

Números conservados en formato papel:

[1977] (orixinal)
[1978] (fotocopias)

Casa de Galicia de París

Resultados 741 a 760 de 869