Amosando 204 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Anuario

Anuario editado pola A.C. Amigos da Gaita Toxos e Xestas.

Números conservados en formato papel:

  • Curso 2009-2010
  • Curso 2010-2011

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas

Anduriña : Portavoz del Lar Gallego de Sevilla

Revista societaria editada coa finalidade de dar a coñecer a toda a colectividade galega residente en Sevilla as distintas actividades desenvolvidas pola entidade, acordos da xunta directiva, balance económico, memorias anuais, etc. (sección «A vida no lar»). Pretende ademais achegar os socios á cultura e á realidade de Galicia, con páxinas literarias (lendas, poesías), traballos sobre a lingua galega, descrición de cidades e comarcas, gastronomía, personalidades galegas, notas de actualidade e deportivas, etc. Inclúe tamén informacións de carácter máis xeral como artigos sobre saúde e a cultura andaluza.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-2
1990: n. 3-4
1991: n. 5-6, 8
1992: n. 9-10
1993: n. 11-14
1994: n. 15-18
1995: n. 19-22
1996: n. 23-24
1997: n. 26-28
1998: n. 29-32
1999: n. 33-36
2000: n. 37-40
2001: n. 41-44
2002: n. 45-48
2003: n. 49-51
2004: n. 52-53
2005: n. 55-57
2006: n. 58-59
2009: n. 68-69
2010: n. 70

Lar Gallego de Sevilla

Anduriña : Portavoz de la Peña de Galicia del CEOC-California

Esta publicación societaria foi editada pola Peña de Galicia de California coa finalidade de informar aos seus socios das súas actividades e achegar Galicia aos galegos residentes en Estados Unidos. Contén principalmente noticias sobre o labor realizado por esta entidade e os seus membros («Falar da nosa Peña», «Sociedad»), información dos acontecementos da Galicia actual e, en menor medida, outros contidos como literatura galega, receitas de cociña («La cocina en Anduriña»), humor, pasatempos e cultura popular.

Números conservados en formato papel:

1992: n. 3-4
1993: n. 5
1994: n. 7-8
1995: n. 9
1996: n. 10
2000: n. 13
2001: n. 14
2003: n. 16

Peña Gallega del C.E.O.C

Anduriña : Órgano del Centro Gallego de México

Esta publicación societaria está editada como voceiro oficial do Centro Gallego de México, coa finalidade de recoller as diversas actividades sociais e culturais desenvolvidas polo mesmo, así como artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, pretendendo achegar aos galegos residentes en México as novas da colectividade e do que acontece na súa terra.

Números conservados en formato papel:

1ª época
1984: n. 41
1985: n. 43-44

2ª época
1990: n. 1-3; 5
1991: n. 6-10
1992: n. 14
1994: n. 20
1995: n. 23
1996: n. 24-25
2002: n. 39-40
2003: n. 41, 43
2004: n. 44, 46-47
2005: n. 49-51
2006: n. 53 (maio)
2009: n. 61, 63

Número conservado en formato papel (fotocopias):

2003: n. 42

Número conservado en formato facsímil ou dixital:

2016: n. 77

Centro Gallego de México, A. C.

Alma Gallega : Órgano oficial de Casa de Galicia

Revista societaria centrada na información das súas actividades sociais por seccións (sanidade, beneficencia, educación, etc.), reprodución da memoria social (balance de caixa, listados de socios, estatísticas médicas, composición da directiva, inventarios xerais, balances económicos, descrición de actividades, etc.). O resto da revista aborda diferentes temas galegos (cultura, xeografía, literatura, personaxes ilustres), comentarios de libros galegos, sección humorística e colaboracións literarias.

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:
1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1935: [n.s.] n. 1
1937 (n. extra 20º aniversario)
1964: febreiro

Números conservados en formato papel:

Facsímil:

1922: outubro (n. extra. dedicado a Concepción Arenal)
1927: novembro
1941: xullo

Orixinal:

1936: n. 2
1945: decembro (n. extra. 28º aniversario)
1960: xaneiro

Casa de Galicia de Montevideo

Alborada : Órgano del Centro Gallego de Barcelona

Esta publicación societaria no momento da súa creación como voceiro do Centro Gallego de Barcelona, pretendía ser «el portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Nas súas páxinas podemos atopar información da acción cultural realizada polo centro na sección «Labor cultural», numerosos artigos de contido variado sobre Galicia con páxinas dedicadas á literatura (contos, poesía, estudios sobre escritores), á cultura popular galega, opinións e vivencias persoais, lembranzas, artigos sobre personalidades galegas, cuestións referentes á lingua galega, etc. Complétase con algún artigo sobre Cataluña e a súa literatura.

Números conservados en formato papel:

2ª época
1953: xaneiro
1955: [xullo]
1956: inverno
4ª época
1974: febreiro, xuño
5ª época
[1987]: n. 3
1989: xuño/xullo
6ª época
1995: xullo
1996: setembro
1997: decembro
1998: xuño
1999: maio
2001: decembro
2002: decembro
2003: decembro
2004: decembro
2005: decembro
2007: abril
2012: xullo
2013: agosto

Centro Gallego de Barcelona

Alborada : la revista del Centro Gallego de Maracaibo

Esta revista publicada polo Centro Gallego de Maracaibo, ten como finalidade a difusión das súas actividades sociais e culturais (campionatos, grupos de danzas, encontros, festexos, etc.), ademais de contar con artigos referidos a Galicia e á súa cultura («Consideracións en torno al alma gallega», «Santiago y su proyección universal», «A ti Galicia»), e diversas colaboracións literarias. No número de 1992 conmemoran o trixésimo aniversario fundacional da entidade facendo unha valoración histórica da entidade.

Números conservados en formato papel:

1992: agosto
2004
2006: n. 2
2010

Centro Gallego de Maracaibo

Airiños : Revista Centro Gallego de Gijón

Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar aos socios sobre as diversas actividades organizadas polo Centro, incluíndo artigos sobre a cultura popular galega, reproducións de relatos literarios de autores galegos e crónicas da actualidade.

Números conservados en formato papel:

2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2009
2010

Centro Gallego de Gijón

Airiños : Casa de Galicia

Esta revista societaria pretende achegar aos seus socios as noticias da entidade e informacións de interese para eles como os estatutos sociais, as súas diversas actividades, información sobre axudas institucionais, viaxes, excursións, etc. Ademais conta con artigos sobre Galicia e entrevistas a persoas de orixe galega que destacan en distintos ámbitos na rexión.

Números conservados en formato papel:

1988: n. 0
1989: n. 1
1990: n. 2-3
1991: n. 4-5
2ª etapa:
2000: n. 1
2002: n. 3
2003: n. 4
2004: n. 5
2005: n. 6
2006: n. 7
2007: n. 8
2010: n. 11

Casa de Galicia en Córdoba

Aires da Terra

Revista societaria que comeza a súa andadura en maio de 1961 coa intención de publicarse de maneira mensual e centrada no acervo cultural e histórico de Galicia.

Números conservados en formato dixital e papel (fotocopias):

1961: n. 1

Hermandad Gallega de Venezuela

Aires da miña terra

Esta revista societaria esta editada para informar aos socios da Sociedade Terra de Celanova e Baixa Limia, A.C., das actividades organizadas e «...saldrá por los caminos de Venezuela todas aquellas facetas que constituyan el acervo cultural e histórico de las Terras de Celanova e Baixa Limia».

Números conservados en formato papel:

2002: n. 1-2
2003: n. 3-4
2004: n. 5-6
2005: n. 7-8
2006: n. 9-10
2007: n. 11-12
2008: n. 13-14
2009: n. 15
2010: n. 18

Terras de Celanova e Baixa Limia A.C.

AEGAMA, Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid : Boletín Informativo

Esta publicación está editada coa finalidade de «ser la portavoz de las inquietudes profesionales y empresariales de nuestros asociados y, al propio tiempo, aspira a canalizar hacia ellos toda la información necesaria para abordar la cada vez más compleja problemática de la empresa (...) recoger el noticiario de nuestras actividades y el desarrollo de la vida interna de nuestra Asociación». Contén información económica e aborda temas de carácter fiscal, laboral, mercantil, cursos, seminarios, exposicións, acordos, servizos, etc.

Números conservados en formato papel:

1994: n. 1-5
2002?: n. especial

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid AEGAMA

AEGAMA : La Revista de AEGAMA

Esta publicación está editada coa finalidade de «ser la portavoz de las inquietudes profesionales y empresariales de nuestros asociados y, al propio tiempo, aspira a canalizar hacia ellos toda la información necesaria para abordar la cada vez más compleja problemática de la empresa (...) recoger el noticiario de nuestras actividades y el desarrollo de la vida interna de nuestra Asociación». Contén información económica e aborda temas de carácter fiscal, laboral, mercantil, cursos, seminarios, exposicións, acordos, servizos, etc.

Números conservados en formato papel:

2003/2004: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2008/2009: n. 10
2009: n. 11

Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid AEGAMA

Adiala : Voceiro do Centro Gallego de Mallorca

Esta revista responde ao esquema de publicación societaria e inclúe principalmente información sobre a entidade editora e as súas actividades (movemento de socios, elección de comisións directivas, memorias anuais, festas, etc.), acompañada de artigos de contido diverso sobre Galicia: turismo, economía e empresa, cultura popular, emigración, novas de actualidade, etc. Complétase con seccións gastronómicas, páxinas de humor, poesía, contos, refráns, notas divulgativas, etc.

Números conservados en formato papel:

1989: n. 0-2
1990: n. 3-4
1992: n. 12
1993: n. 15, 17-18
1994: n. 19-20, 22
1995: n. 23-26
1996: n. 27-30
1997: n. 31-32, 34
1998: n. 35-38
1999: n. 39-42
2000: n. 43-45
2001: n. 47-50
2002: n. 51-53
2003: n. 55-56, 58
2004: n. 59-62
2005: n. 64-66
2006: n. 67/68
2009: n. 79/80

Centro Gallego de Mallorca Playa de Palma

Acción Española : Órgano Oficial de los Centros Unión Montañesa y Centro Gallego

Esta revista foi creada e dirixida por Manuel Vidal para «estrechar los lazos con los países hispanos y especialmente la fraternidad hispano-mexicana». Aparecen numerosos artigos sobre o hispanoamericanismo pero tamén textos literarios, noticias e información sobre asociacións españolas creadas en México (especialmente do Centro Gallego de México e da Beneficencia Española), noticias sociais da colectividade española asentada no país azteca e de persoeiros destacados.

Números conservados en formato microfilme:

1924: n. 27-30, 34-35, 37
1925: n. 38, 40-41, 44-45
1926: n. 46, 50
1927: n. 51-55
1928: n. 56-57
1929: [n.s.] n. 4
1932: n. 1-2
1934: n. 1

Centro Gallego de México, A. C.

Abrente

Esta publicación societaria foi creada coa finalidade de informar das actividades da Casa de Galicia de Valladolid (festas, cursos, etc.) e tamén para achegar Galicia e a súa cultura a todos os galegos que viven na cidade vallisoletana, polo que inclúe numerosos artigos sobre diversos aspectos da cultura e da actualidade galega: lingua, literatura, folclore, contos, lendas, poesía, etc. Complétase con saúdos de persoeiros, páxinas de pasatempos, seccións gastronómicas, etc. Os primeiros números están dedicados a Santiago Apóstolo, coincidindo a saída da revista con esas datas de celebración das festas galegas.

Números conservados en formato papel:

1964: xullo
1985: xullo
1986: decembro
1987: decembro
1988: decembro
1989: decembro
1990: decembro
1991: decembro
1993/1994
1994/1995: n. 34
1996: n. 35/36
1997: n. 37
1998: n. 38
1999: n. 39
2000: n. 40
2001: n. 41
2002: n. 42
2003: n. 43
2004: n. 44
2006: n. 46
2008: n. 48
2009: n. 49

Casa de Galicia de Valladolid

A voz da lareira : voceiro da Casa de Galicia

Esta revista societaria foi publicada coa finalidade de informar sobre temas de interese aos emigrantes galegos residentes en París. Creouse como o voceiro oficial da Casa de Galicia e unha boa parte da publicación está dedicada aos temas referidos a Galicia, á súa cultura, historia, lingua, etc., asumindo un compromiso cultural e político. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos, sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación, incluíndo páxinas de pasatempos e de carácter humorístico.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 2-3

Casa de Galicia de París

A Palloza : revista cultural galega

Publicación societaria na que aparecen noticias da entidade, artigos de cociña galega e saúdo do presidente.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 2
2000: n. 3
2001: n. 4
2003: n. 6
2004: n. 7
2005: n. 8
2006: n. 9
2007: n. 10 (10º aniversario)
2009: n. 12
2010: n. 13

Agrupación Cultural Galega Agarimos

A nosa voz : voceiro do Centro Galego de Bruselas

Esta publicación societaria pretende dar a coñecer o labor realizado pola institución e achegar á colonia galega residente en Bruxelas a realidade actual de Galicia. Inclúe basicamente información sobre a situación da colectividade e da entidade editora, así como das actividades organizadas pola mesma: balance económico, eventos recreativos, sociais, culturais, etc. Tamén contén artigos referidos á cultura galega en xeral (música, gastronomía, tradicións, política, economía, historia, etc.). Desde 1995 esta publicación aparece integrada na edición de «El Sol de Bélgica». Está escrita en catro linguas: galego, castelán, francés e flamengo.

Números conservados en formato papel:

1986: n. 2
1987: n. 4-7
1988: n. 8-10
1989: n. 11-14
1990: n. 15-17
1991: n. 19-21, 23
1992: n. 24-28
1993: n. 29
1994: n. 31-32
1995: n. 33-34
1999: n. 40
2003: n. 43
2006: n. 46
2007: n. 47
2008: n. 48-49
2009: n. 50
2010: n. 51-52

Centro Gallego de Bruselas

Resultados 181 a 200 de 204