Orzamento da "Asociación española de beneficencia de Costa Rica" do ano 1997, sometido a consideración da Xunta Directiva o día 26/11/1996, conservado en formato papel.
Carta enviada o 29/02/2000 a Pilar Cajiao Vila, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, polo Presidente, José María Penabad López, e a Secretaria, María Teresa Pereira García, da recién constituída Xunta Directiva da Asociación "Lar Galego" do día 21/09/1999, conservada en formato papel (fotocopias).
Publicación facsimilar da "Sociedad española de beneficencia de Panamá" con motivo do seu centenario, na que reproducen dúas publicacións sobre a historia da institución:
Un documento en conmemoración das Bodas de Ouro da sociedade, de Gervasio García (1935)
Un documento polo 75º aniversario da sociedade, de Antonio Olarte Hervias (1960)
Carta enviada o día 29/10/1996 polo Presidente do "Centro Gallego de México, Asociación Civil", Manuel Martínez Pérez, á Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, en contestación á súa previa do 15/10/1996, solicitando información, conservada en formato papel (fotocopias).
Programa da actuación musical do barítono galego Antón de Santiago no Salón de Actos do Deportivo de Tlahuac o día 02/10/1988, organizado pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, a "Fundación Cultural y Social Daniel Suárez" e o "Centro Gallego de México, A. C.", conservado en formato papel.
Folleto "3er. Festival Infantil de Música, Coros y Danzas Españolas : 23 y 30 de mayo 1999, Centro Teatral Manolo Fábregas, Teatro México", editado pola "Junta Española de Covadonga Pro-Beneficencia Española", conservado en formato papel.
Sociedad de Beneficencia Española de México. Junta española de Covadonga
Regulamentos da sociedade "Club España de Newark", presentados á xunta xeral extraordinaria convocada a tal efecto o día 03/05/1987, conservados en formato papel (fotocopias).
Carta de Benito Mauriño, Presidente, a Eduardo Blanco Amor, do 06/05/1933, para informalo da revista que a sociedade vai a comezar a editar con motivo do seu 25º aniversario e solicitarlle a súa colaboración.