Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" Carta (2002) 2 dípticos co programa da festa galega con motivo do Día das Letras Galegas (2007-2008) Calendario e emblema societario Revista "O Pardao : a revista de cultura galega"
Enquisa "Censo Cultural" relativa a Entidades Convite ao concurso musical "Mollet a capella" (1995) Programas da festa popular das nacionalidades e comunidades autónomas (1996-2010) Boletín "Fiesta de las Nacionalidades y Comunidades Autónomas"
Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.
1 díptico co programa de actividades a realizar no Salón Castelao pola homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento no 27/09/1973 coa signatura AE/Arxentina/foll5 1 díptico co catálogo de publicacións de Edicións Galicia (década 1970) 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 2 de xullo ao 2 de agosto de 1987, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires 1 folla voandeira co programa do "Cursillo sobre historia de Galicia" impartido por Alfonso Vázquez Monxardin do 28 de setembro ao 21 de outubro de 1987 no Teatro Castelao e recorte de prensa co anuncio 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 29 de xuño ao 25 de xullo de 1988, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, coa signatura AE/Arxentina/foll3 1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 19 ao 28 de xullo de 1990, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires 1 folla voandeira co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990 1 tríptico co programa xeral da actividades culturais a realizar no Teatro Castelao do 20 de abril ao 6 de decembro de 1996
Informe elaborado por César Alvajar durante a súa estadía en París sobre o "movemento europeo" e a necesidade de que Galicia se integre nel, conservado en formato papel (orixinal e fotocopia).
Informe elaborado por Xosé B. Abraira durante unha viaxe que realizou a Galiza, Río de Xaneiro, Madrid, A Habana e México (1950), conservado en formato papel (fotocopias).
Esta publicación societaria está editada como órgano oficial da entidade para informar aos seus socios das actividades realizadas polo Hospital Espanhol, da súa propiedade, das súas instalacións e dos servizos que ofrece aos socios, etc. Tamén conta con noticias sobre a sociedade e un saúdo-editorial do seu presidente.
Números conservados en formato papel:
2001: n. 1-2
Sociedade espanhola de beneficência Hospital Espanhol de Rio de Janeiro
Informe da Comisión Directiva da sociedade "Unión del partido de Lalín en Buenos Aires" sobre o exercicio financieiro 1947-1948 conservado en formato orixinal mecanografado.
Esta publicación societaria está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos seus socios das actividades realizadas pola sección de Beneficencia, das instalacións do Hospital propiedade da entidade, e dos servizos que ofrece aos seus socios, etc.
Números conservados en formato papel:
1999: n. 1 2000: n. 3-4 2001: n. 5 2002: n. 7 2003: n. 14-16
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Esta publicación trimestral está editada pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência para informar aos socios das actividades realizadas pola sección de beneficencia, co directorio médico que financia a entidade para consultas dos socios, informacións sobre as instalacións do Sanatório Espanhol ou sobre enfermidades, etc.
Números conservados en formato papel:
1987: n. 1 1991: n. 15; 18-19 1992: n. 20-22
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Este boletín informativo está publicado para informar aos seus socios das actividades do centro, das súas instalacións, das propostas da directiva, etc.
Números conservados en formato papel:
1996: n. 5 1997: n. 7 2ª etapa: 2003: n. 1 2006: n. 2
Este boletín societario está editado para informar sobre os diversos acontecementos que atinxen á colonia galega residente en Brasil e, especialmente, dos asuntos internos da entidade editora: ampliación dos servizos, presentación dos cursos de español, etc. Complétase con diversas colaboracións literarias e artigos sobre distintos lugares da xeografía galega.
Números conservados en formato papel:
Fotocopias:
1997: n. 1
Orixinais:
1997: n. 2-7 1998: n. 8-13 1999: n. [14]-19 2000: n. 20-23
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Boletín informativo que achega noticias sobre o funcionamento desta institución e das diversas actividades que se realizan, sobre as súas instalacións, etc.