Amosando 329 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Folletos
Previsualización da impresión Ver:

Centro Gallego de Azul

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

Fax enviado a José María Fernández Pazos, do "Servicio de Radio Gallega al Exterior" (1994)
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Díptico, convite e cartaz da actividade "Semana de Galicia : Hermanados" (1994)
Programa de actividades "Un momento musical..." (1997)
Díptico e cartaz co programa de actividades "Encuentro coral Tapalque '98" (1998)
Programa "Festejos del Día del Inmigrante"
Convite á Exposición de Mantóns de Manila (1995)
Cartaces co convite á asociarse á sociedade "Centro Gallego de Azul" e a participar no grupo de danzas galegas Rosalía de Castro

Centro Gallego de Azul

Asociación Villagarcía de Arosa

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel, microfilme e dixital:

Estatutos sociais (fotocopias) (1952)

Conservada en formato microfilme e dixital:

Libros de actas das Reunións da Comisión Directiva (1933-1990)
Libros de actas das Reunións das Asembleas de Socios (1933-1944, 1952-1991)
Correspondencia recibida (1936-1941)

Conservada en formato microfilme:

Correspondencia enviada (1934-1943)
Libros de rexistro de socios (1935-1952)

Conservada en formato dixital:

Estatutos sociais (1991)
4 folletos sobre actividades mutualistas (1935-1941)

Asociación Villagarcía de Arosa

Folleto polo Día das Letras Galegas

Folleto sobre os intervintes na celebración do Día das Letras Galegas de 1999 adicado a Roberto Blanco Torres organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da xornada "Inquedanzas"

Folleto sobre a xornada "Inquedanzas" en prol da presencia da cultura galega no futuro organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en 1995.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da festa dos maios

Folleto sobre a festa dos maios organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en novembro de 1994.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto sobre conferencias

Folleto sobre as conferencias organizadas polo Centro Galego de Barcelona para o mes de maio de 2007, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Barcelona

Folleto da exposición de Manuel Otero

Folleto sobre a exposición de Manuel Otero organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 11 de xuño e o 2 de xullo de 1993.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto sobre xornadas culturais

Folleto sobre as XXI xornadas culturais outono 2006 organizadas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro", conservado en formato papel.

Centro Gallego de Barcelona

Folletos sobre actuacións musicais

Folletos sobre actuacións musicais organizadas polo Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel:

  • Fotocopia (tamaño A4) de folleto: Concerto Festival Folklórico en conmemoración do 25º aniversario do Centro o 09/06/1973.
  • Folla voandeira (215 x 151 mm): II Foliada a l'Ateneu Popular de 9 Barris en outubro de 2006.
  • Díptico (100 x 214 mm): Narración de "Phantasmas familiares" da man de Quico Cadaval e concerto de Narf en febreiro 2007.
  • Cartaz (423 x 300 mm): X Encontro das Corais da FECG de Catalunya o 26/05/2007.

Centro Gallego de Barcelona

Programas de actividades

Programas de actividades organizadas polo Centro Galego de Barcelona, conservados en formato papel:

  • Actividades para xuño-xullo de 2004 polo 80º aniversario do Centro.
  • Actividades para abril de 2007
  • Actividades para maio de 2007
  • Actividades para xuño de 2007

Centro Gallego de Barcelona

Folletos de Misa

Folletos coa liturxia da Santa Misa editados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Resultados 101 a 120 de 329