Amosando 113 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Galicia Memorias
Previsualización da impresión Ver:

4 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Casa de Galicia : 50 años

Esta publicación da Casa de Galicia de Montevideo editouse en conmemoración do cincuenta aniversario social, facendo un percorrido pola súa historia; aparece un compendio das actividades realizadas pola institución nestes cincuenta anos, evolución do número de socios, servizos médicos, medios materiais, etc.

Número conservado en formato papel:

1967 (50º aniversario)

Casa de Galicia de Montevideo

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Memorias sociais

Memorias dos traballos realizados anualmente, presentadas en sesións celebradas pola Xunta Xeral da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez":

Conservadas en formato dixital: memorias dos anos 1915, 1917-1919, 1922, 1925-1927, 1932-1938

Conservadas en formato dixital e impreso: memorias dos anos 1928-1931, 1939

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Memoria social

Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Memoria do ano 1927

Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos de San Miguel y Reinante

Memorias presentadas pola Xunta Directiva

Memorias presentadas pola Xunta Directiva do "Centro Gallego de La Habana":

Conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Memoria presentada en febreiro de 1891
  • Memoria presentada en febreiro de 1892
  • Memoria presentada en febreiro de 1893
  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1894-1897"

Conservadas en formato papel (orixinais):

  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1889-1893"
  • Edición facsímil editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: "Memorias del Centro Gallego : La Habana, 1899-1903"

Centro Gallego de La Habana. Sociedad de instrucción, recreo y asistencia sanitaria

Carta coas enquisas "Entidades" e "Medios de comunicación"

Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:

  • Memoria e fins societarios
  • Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Documentación mutualista

Documentación mutualista do "Centro Unión Orensana de La Habana" conservada en formato papel:

  • Memoria de actividades realizadas durante o ano 1996
  • Emblema societario utilizado durante as décadas 1930-1940
  • Emblema societario utilizado dende 1995

Centro Unión Orensana de La Habana

Memorias sociais

Memorias sociais de "Hijos del Partido de Lalín", conservadas en formato dixital:

  • Memoria do ano 1982 (2 páxinas)
  • Memoria dos anos 1992-1994, que inclúe reproducción da acta fundacional, abundante información e numerosas fotografías (66 páxinas), tamén impresa

Hijos del Partido de Lalín

Memoria social dos anos 1922 a 1925

Memoria de "Hijos del Ayuntamiento de Abadín. Sociedad de Instrucción y Beneficencia", correspondente aos anos 1922-1925, e publicada en 1926 (49 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Abadín

Memorias sociais

Memorias sociais da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción":

Conservadas en formato dixital e impreso:

  • Memoria social dende 1907 ata o 31/12/1909 publicada en 1910 (41 páxinas)
  • Memoria social dende o 01/01/1910 ata o 31/12/1915 publicada en 1916 (87 páxinas)
  • Memoria social do ano 1919 (44 páxinas)

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria social dende o 01/01/1916 ata o 31/12/1922 publicada en 1923 (96 páxinas)
  • Memoria dende 1907 ata 2007 publicada polo Padroado da sociedade (443 páxinas)

Conservadas en formato dixital:

  • Memoria social do ano 1920 (35 páxinas): só impresos os preliminares
  • Memoria social do ano 1927 (35 páxinas): fotocopiada parcialmente

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Memoria do exercicio 1996

Memoria de actividades do "Centro Galego de La Rioja" para o ano 1996 (4 follas), elaborada o 26/12/1995, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Galego de La Rioja

Memoria do período 1927-1928

Memoria da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol" correspondente ao período 1927-1928 (86 páxinas), conservada en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Orzamento-memoria das escolas

Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Memoria dos anos 1915-1940

Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).

Emigrados de Riotorto

Documentación relativa ao Sanatorio Concepción Arenal

Documentación relativa ao Sanatorio Concepción Arenal da sociedade "Hijas de Galicia", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria publicada na Habana en 1927
  • Programa cos servizos do balneario
  • 2 recibos
  • 1 fotografía do pabellón de maternidade e cirurxía

Hijas de Galicia

Memoria

Memoria mecanografada da sociedade Casa de Galicia de Bilbao dende o ano 1926, conservada en formato papel.

Casa de Galicia de Bilbao

Resultados 1 a 20 de 113